Perfecto Rodríguez Muíños

político galego

Perfecto Rodríguez Muíños, nado en Ponte Caldelas o 12 de febreiro de 1969, é un avogado e político galego do PPdeG.

Perfecto Rodríguez Muíños
Nacemento12 de febreiro de 1969
Lugar de nacementoPonte Caldelas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
PaiFidel Rodríguez Toubes
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1991). Especializado en Urbanismo, foi asesor xurídico de Xestur-Pontevedra (1998-2003). Fillo do entón alcalde Fidel Rodríguez Toubes, foi concelleiro do PPdeG en Ponte Caldelas a partir de 1995. Foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo dende 1999. En febreiro de 2002 asumiu a alcaldía en funcións tras sufrir o seu pai un derramo. Continuou á fronte do concello en funcións ata as eleccións municipais de 2003, nas cales encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta en 2007, sumando un concelleiro máis, asumindo ademais nese mandato a vicepresidencia primeira da FEGAMP. Volveu ser reelixido con maioría absoluta en 2011, sumando outro concelleiro máis. Nas municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, polo que abandonou a alcaldía tralo pacto entre os demais grupos que fixo rexedor ó socialista Andrés Díaz Sobral. En novembro de 2015 renunciou á súa acta de concelleiro tras ser nomeado xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia.


Predecesor:
Fidel Rodríguez Toubes
  
Alcalde de Ponte Caldelas
 
2003 - 2015
Sucesor:
Andrés Díaz Sobral

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar