Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas

A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas foi un partido político, de corte independente, xurdido no concello de Ponte Caldelas en abril do ano 2015. Liderado por Alfonso Rodríguez Santiago, o partido naceu, en parte, arredor do movemento de oposición á instalación dun crematorio[1] na Reigosa. Participou nos comicios municipais de maio de 2015, obtendo o 14,9 % das papeletas e 2 asentos[2] na corporación. Na investidura, apoiaron[3] como alcalde ao socialista Andrés Díaz Sobral, co cal pasaron a gobernar en coalición. En 2019 o grupo integrouse nas listas do PSdeG-PSOE[4], revalidando esta formación o goberno con maioría absoluta.

Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas
Iniciativa cidadá
Dirixentes e organización
LíderAlfonso Rodríguez Santiago
Historia
Fundación2015
Disolución20191
Representación
Concelleiros en Ponte Caldelas
2 / 13
1 Integración no PSdeG-PSOE

Notas editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.