Luís Milia
Luís Milia Méndez, nado en Xunqueira de Ambía o 21 de xuño de 1948, é un político galego do PSdeG-PSOE e farmacéutico no municipio de Ourense.
Luís Milia | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1948 |
Lugar de nacemento | Xunqueira de Ambía |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
É farmacéutico. Foi senador por Ourense na V lexislatura (1993-1996). Concelleiro do PSdeG-PSOE en Carballeda de Avia, en marzo de 2001 chegou a alcaldía do concello grazas a unha moción de censura contra o alcalde Ernesto Martínez Fernández apoiada por un concelleiro tránsfuga do PPdeG.[1] Sendo despois expulsado do partido socialista e tendo que fundar o VUCAR. Nas municipais de 2003 foi elixido alcalde de Carballeda de Avia como cabeza da lista de Veciños Unidos por Carballeda (VUCAR). Volveu gañar as municipais de 2007 e 2011 por maioría absoluta encabezando a lista do PSdeG-PSOE.
Vida persoal editar
O seu irmán era o tamén farmacéutico Tomás Milia, quen morreu asasinado en outubro de 2013. [2]
Notas editar
- ↑ "La moción de censura de Carballeda busca acabar con veinte años de gobierno del PP". Arquivado dende o orixinal o 29/12/2014. Consultado o 03/12/2011.
- ↑ Matan a puñaladas a un ourensano e incendian su vivienda para borrar pruebas, en el centro de la ciudad Arquivado 06 de outubro de 2013 en Wayback Machine. La Región, 5 de outubro de 2013.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Predecesor: Ernesto Martínez Fernández |
Alcalde de Carballeda de Avia 2001 - actualidade |
Sucesor: no cargo |