Luciano Sobral

político galego

Luciano Sobral Fernández, nado en Poio en 1953, é un político galego do BNG.

Modelo:BiografíaLuciano Sobral

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Poio, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Poio
1995 – 2023 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Autónomo de transporte. Foi concelleiro e cabeza de lista do BNG en Poio dende 1979. Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido alcalde de Poio co apoio do PSdeG-PSOE, formando un goberno bipartito. Nas municipais de 1999 e 2003 foi reelixido alcalde con maioría absoluta.

Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e viuse obrigado a pactar co PSdeG-PSOE para mantela alcaldía, formando un goberno de coalición. En 2011 recuperou posicións e foi a forza máis votada, se ben non alcanzou a maioría absoluta, polo que volveu ser elixido alcalde co apoio do PSdeG e formou un novo goberno bipartito. En 2015 foi a forza máis votada e revalidou a alcaldía cun novo pacto de goberno cos socialistas. No 2019 foi amplamente superado en votos polo PPdeG, se ben este non alcanzou a maioría absoluta e puido manter a alcaldía mediante un pacto de goberno co PSdeG e Avante Poio. Non se presentou á reelección no 2023, sendo relevado como cabeza de cartel do BNG pola súa compañeira Marga Caldas e finalmente na alcaldía polo popular Ángel Moldes Martínez.


Predecesor:
Armando Couselo Soto
  
Alcalde de Poio
 
1995 - 2023
Sucesor:
Ángel Moldes Martínez
 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar