Primitivo Iglesias
Primitivo Iglesias Sierra, nado en Santo André de Loboso (A Pastoriza) o 18 de xullo de 1950, é un escritor, tradutor, mestre e político galeguista ligado ao PSdeG.
Primitivo Iglesias | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xullo de 1950 (72 anos) |
Santo André de Loboso, A Pastoriza, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Estudos | Filosofía e Letras |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
É licenciado en Filosofía e Letras, pola rama de filoloxía moderna, na USC. Foi, até a súa xubilación en 2010, catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Pasara antes por Sarria, entre 1977 e 1979, e mais por Ourense, entre 1979 e 1989.
Participou no XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románica en Santiago de Compostela en 1989, así como tamén no Congreso Internacional de Lingüística organizado en Lugo no ano 2000.
Dende 2007 é alcalde da Pastoriza polo PSdeG, co apoio do BNG. Reelixido alcalde en 2011, 2015 e 2019.
Dende 2009 pertence a asociación cívica a prol da lingua galega ProLingua.
Predecesor: José Yáñez García |
Alcalde da Pastoriza 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
ObrasEditar
- Vocabulario Gallego-Castellano (Argos-Vergara, 1984)
- Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 1986)
- Pequeno Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 1989)
- Diccionario Castelán-Galego (Xerais, 1990)
- Literatura Galega, 3º BUP (Anaya, 1991)
- Gran Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 2000)
- Novo Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 2002)
- Gran Dicionario Xerais da Lingua Galega (Xerais, 2009)
Publicou artigos nas revistas Grial, A Trabe de Ouro, Irimia, Encrucillada ou Verba, e tamén columnas no diario lugués El Progreso.