Jorge Canda Martínez
Jorge Canda Martínez, nado na Lama en 1956, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) A Lama, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Lama |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Axente de seguros e antigo militante e candidato do CDS en 1987, nas eleccións municipais de 1991 e de 1995 encabezou a lista do PSdeG-PSOE coma independente, alcanzando a alcaldía Lama neses últimos comicios mediante un pacto cunha forza independente. Nas municipais de 1999 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e acadou a maioría absoluta, co que continuou como alcalde. Jorge Canda e todo o seu equipo de goberno pasáronse ao grupo mixto e en 2002 formalizaron o seu ingreso no PPdeG.[1] Nas municipais de 2003 encabezou a lista do PPdeG, coa que foi reelixido. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta encabezando a lista de PPdeG nas sucesivas eleccións.
Predecesor: Manuel Rial González |
Alcalde da Lama 1995 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas editar
- ↑ "El alcalde de A Lama admite que se pasa al PP para lograr más inversiones". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-10-11. Consultado o 2022-12-10.