Manuel Rial González
político galego
Manuel Rial González, nado na Escusa (Poio) cara a 1936 e finado na Lama o 7 de xullo de 2020, foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 A Escusa, España |
Morte | 7 de xullo de 2020 (83/84 anos) A Lama, España |
Alcalde da Lama | |
1979 – 1995 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , garda forestal |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Garda forestal de profesión. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde da Lama con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta nas municipais de 1983, 1987 e 1991 por Coalición Popular, Alianza Popular e o PPdeG.
Predecesor: Manuel Varela Currais |
Alcalde da Lama 1979 - 1995 |
Sucesor: Jorge Canda Martínez |
Recoñecementos editar
Foi nomeado fillo adoptivo do concello da Lama en 2002.