Agolada, Ferreiroa, Agolada
lugar da parroquia de Ferreiroa e capital do concello de Agolada
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Agolada.
Agolada é unha vila da parroquia de Ferreiroa, capital do concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 486 habitantes (244 homes e 242 mulleres), o que supón unha diminución de 126 habitantes con respecto ao ano 2000.
Agolada | |
---|---|
![]() Os Pendellos de Agolada. | |
Parroquia | Ferreiroa |
Concello | Agolada |
Coordenadas | 42°45′48″N 8°01′12″O / 42.763333333333, -8.02 |
Poboación | 429 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Agolada procede do latín Āquam Lātam, combinando os lexemas aqua ("auga") e mais lata, participio do verbo fero ("levar"), referido a "auga levada", debido ás conducións hídricas que traían auga doutros lugares, posiblemente en relación con actividades mineiras.[1]
Patrimonio
editarOs Pendellos da feira de Agolada son utilizados os días de feira. Neste lugar ten a súa sede a Banda Municipal de Agolada.
Galería de imaxes
editar-
Casa do Concello de Agolada.
-
CEIP de Agolada.
-
Centro da Terceira Idade.
Lugares e parroquias
editarLugares de Ferreiroa
editarLugares da parroquia de Ferreiroa no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|
Agolada | Bidueiros | A Costa | Ferreiroa | Fonte de Cántaras | O Pontillón |
Parroquias de Agolada
editarNotas
editar- ↑ Méndez, Luz (2016). Toponimia de Agolada. A Coruña: Real Academia Galega. p. 19-20. ISBN 978-84-946005-4-8.