Aquilino Valencia

político galego
(Redirección desde «Aquilino Valencia Salgado»)

Aquilino Valencia Salgado, nado en Calvos de Randín en 1960, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Aquilino Valencia
Nacemento1960
Lugar de nacementoCalvos de Randín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Traballa como axente forestal. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Calvos de Randín e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En maio de 2008 catro edís do PPdeG co apoio do edil do exsocialista José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura contra el. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repetira o pleno. Finalmente os convocantes decidiron retirala en febreiro de 2011[1]. Nas municipais de 2011 revalidou a alcaldía cunha maioría absoluta aínda máis ampla. En 2015, 2019 e 2023 revalidou novamente a alcaldía con amplas maiorías absolutas. Compatibiliza o cargo de alcalde co seu traballo de axente forestal.


Predecesor:
Antonio Rodríguez Alonso
  
Alcalde de Calvos de Randín
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas editar

Véxase tamén editar

Outras páxinas editar

Ligazóns externas editar