Iago Toba Campaña

arquitecto técnico e político galego
(Redirección desde «Santiago Manuel Toba Campaña»)

Santiago Manuel "Iago" Toba Campaña, nado en Muxía en 1987, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaIago Toba Campaña
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Muxía, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Muxía
2019 –
← Félix Porto Serantes Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , arquitecto técnico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Arquitecto técnico. Foi elixido concelleiro do PSdeG-PSOE en Muxía nas municipais de 2015, ocupando a área de deportes no goberno de Félix Porto Serantes. Nas municipais de 2019 foi candidato á alcaldía e foi elixido con maioría absoluta. Porén, a comezos do verán de 2020 viuse obrigado a cesar 4 dos 7 edís socialistas tras votaren en contra do orzamento municipal, gobernando en minoría o resto do mandato. Dende decembro de 2021 forma parte do Comité Nacional Galego do PSdeG, así como da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como Secretario de Ordenación do Territorio, a partir de febreiro de 2022.

Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e logrou a vitoria con maioría simple, 5 dos 11 concelleiros,[1] polo que mantivo a alcaldía como cabeza da lista máis votada.

Notas editar

  1. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Félix Porto Serantes
  
Alcalde de Muxía
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo