Evencio Ferrero

mestre e político galego. Alcalde de Carballo
(Redirixido desde "Evencio Ferrero Rodríguez")

Evencio Ferrero Rodríguez, nado en Carballo o 28 de xuño de 1955[1], é un mestre e político galego que actualmente, e dende o 2003 é alcalde desta localidade polo BNG.

Evencio Ferrero
Evencio Ferrero Rodríguez.jpg
Datos persoais
Nacemento28 de xuño de 1955
 Carballo
OrganizaciónBloque Nacionalista Galego
ProfesiónPolítico e mestre
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formou parte da corporación municipal do concello de Carballo dende as eleccións municipais de 1979. Foi fundador da Asociación de Veciños de Carballo, da Asociación Cultural Lumieira e da Asociación Deportiva Xiria, amais é socio da Asociación Antidroga Vieiro dende a súa fundación.

Ferrero formou parte do Consello Nacional do BNG a finais da década de 1980 e durante toda a década seguinte, e da Comisión Permanente do BNG, sendo responsable institucional da política municipal dende 1990 ata 1996. É membro do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias, membro do consello de administración de Xestur Coruña, e foi conselleiro xeral da entidade Caixa Galicia. Forma parte do Consello Escolar de Galiza e do Consello Galego de Inmigración, representando os concellos galegos e da Comisión Negociadora para o Pacto Local na área de Sanidade. É presidente da Fundación Comarcal de Bergantiños, da que forman parte os concellos da comarca.

No 2003 Ferrero accedeu á alcaldía de Carballo co apoio do Centro Democrático Independiente (actualmente Terra Galega) e o PSdeG poñendo fin a tres lexislaturas de mandato de Manuel Varela Rey (PPdeG). Nas eleccións municipais do 2007 conseguiu manter a alcaldía experimentando un crecemento no número de votos e apoiado polo PSdeG. Nos comicios municipais celebrados o 22 de maio do 2011 quedou a un concelleiro de acadar a maioría absoluta, véndose obrigado a gobernar en minoría logo de que o PSdeG retirase o seu apoio.

Nas eleccións de 2019 acadou de novo a alcaldía.[2]

Predecesor:
Manuel Varela Rey
  
alcalde de Carballo
 
2003-actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar