Abrir o menú principal

Manuel Varela Rey

político español

Manuel Varela Rey, nado en Artes (Carballo) o 30 de decembro de 1953, é un profesor e político galego que foi alcalde de Carballo entre 1991 e 2003, primeiro por Independentes por Carballo e as dúas últimas candidaturas polo PPdeG.

Manuel Varela Rey
Nacemento30 de decembro de 1953
 Carballo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Manuel Varela comezou a súa carreira política en 1987 como cabeza de lista do PPdeG. A pesar de que o Partido Popular sempre foi o seu partido de referencia, no ano 1991 fundou o partido Independentes por Carballo e así conseguiu chegar á alcaldía ao acadar a maioría absoluta. Este feito de encabezar a candidatura de protesta fixo que se gañara algúns inimigos dentro das filas populares mesmo despois de ter exercido entre 1989 e 1991 como deputado no Parlamento de Galicia, cargo ao que renunciou para presentarse á alcaldía de Carballo.

Trala disputa chegou a reconciliación e Manuel Varela volveu ser o líder que daría ao PPdeG outras dúas maiorías absolutas en Carballo. Dende 1995 compaxinou a alcaldía co seu escano na Deputación da Coruña, na que, no último mandato, exerceu como voceiro.

Con todo, unha serie de problemas dentro do grupo popular durante os catro últimos anos de mandato que culminou co cesamento de dous concelleiros e co goberno en minoría desembocou na perda do poder nas seguintes eleccións.


Predecesor:
José Sánchez Vilas
  
Alcalde de Carballo
 
1991 - 2003
Sucesor:
Evencio Ferrero Rodríguez

Véxase taménEditar