Concello de Acevedo do Río
antigo concello galego
Acevedo do Río foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1968.
Concello de Acevedo do Río | |
---|---|
Tipo | antigo concello de España ![]() |
Composto por
| |
Data | |
Fundación | 15 de xullo de 1836 ![]() |
Disolución | 11 de outubro de 1967 ![]() |
Cronoloxía | |
Celanova ![]() | |
Localización | |
Estado | España |
Comunidade autónoma | Galicia |
Provincia | provincia de Ourense ![]() |
País | España ![]() |
[ Wikidata ] |
Xeografía
editarSituado na comarca da Terra de Celanova, comprendía tres parroquias: Acevedo do Río, Alcázar de Milmanda e Milmanda. Tiña unha extensión de 18 quilómetros cadrados e unha poboación que chegou a superar os 2000 habitantes na primeira metade do século XIX.[1]
Historia
editarCreouse por decreto de 15 de xullo de 1836 co nome de Acevedo (oficialmente Acebedo), mais coa Reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Acevedo do Río (oficialmente Acebedo del Río) para distinguilo doutros concellos de España (Acebedo en León)[2]. O 8 de xaneiro de 1968 incorporouse ao concello de Celanova.
Notas
editar- ↑ Laura Fernández (15 de marzo de 2012). "Nostalgia por Acevedo". La Región.
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (Real Academia Galega) (377): 365–383. ISSN 1576-8767.