O Picouto, Freás de Eiras, Ramirás
lugar da parroquia de Freás de Eiras, no concello de Ramirás
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: O Picouto.
O Picouto é un lugar da parroquia de Freás de Eiras, no concello ourensán de Ramirás. Segundo o INE en 2022 tiña 131 habitantes (59 homes e 72 mulleres).
O Picouto | |
---|---|
Parroquia | Freás de Eiras |
Concello | Ramirás |
Coordenadas | 42°11′13″N 8°01′21″O / 42.186883352792, -8.0224140319971 |
Poboación | 131 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
No lugar, situado a carón da estrada OU-531 (antiga C-531), estánvarios edificios públicos como a casa consistorial, o cuartel da Garda Civil e o CEIP Rogelio García Yáñez. Este centro leva o nome dun emigrante do concello que no ano 1935 doou diñeiro para construír unha escola. Esta edificación, de estrutura indiana, aínda se conserva na actualidade, sendo unha das escasas mostras de arquitectura indiana da provincia ourensá.
Lugares e parroquias
editarLugares de Freás de Eiras
editarLugares da parroquia de Freás de Eiras no concello de Ramirás (Ourense) | |
---|---|
Freás de Eiras | O Picouto | Ponte dos Madeiros | Ramirás | San Tomé |