Fernando Suárez Barcia
Fernando Suárez Barcia, nado no Uruguai en abril de 1973, é un político ribadense vinculado ao nacionalismo galego.
![]() (2015) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | abril de 1973 ![]() Uruguai ![]() |
![]() | |
2007 – 2023 ← Balbino Pérez Vacas – Daniel Vega Pérez → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ribadeo ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou o ensino medio en Ribadeo, no IES Porta da Auga, facendo logo Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos na Universidade de Santiago de Compostela.[1] É funcionario do concello da Veiga, onde sacou a praza ós 21 anos.[2] Membro do Bloque Nacionalista Galego, foi concelleiro en 1999, e logo Primeiro Tenente de Alcalde e Concelleiro de Obras e Urbanismo en Ribadeo con 30 anos[2] nun goberno presidido polo socialista Balbino Pérez Vacas (2003).
Nas eleccións municipais de 2007 converteuse en alcalde, cando obtivo coa súa formación un 30,77% dos votos totais nas eleccións municipais celebradas ese ano, sendo a forza política máis votada e ocupando catro escanos no concello (sobre 13), cos que formou grupo de goberno. Dende 2011 é alcalde de Ribadeo con maioría absoluta ao conseguir 7 concelleiros de 13 e a revalidou nas de 2015 (10 de 17) e 2019 (7 de 13).
En decembro de 2022 anunciou que non se presentaba ás eleccións de 2023, sendo substituído na lista do BNG para ditas eleccións por Pablo Vizoso Galdo.[3][4]
Dentro das súas aficións, practica o ciclismo as fins de semana.[5]
Notas
editar- ↑ "Fernando Suárez Barcia" (en inglés). Consultado o 24-11-2018.
- ↑ 2,0 2,1 https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2023-06-19). "«Este luns recupero a miña vida, xa son unha persoa anónima máis»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-06-19.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2022-12-17). "Fernando Suárez pone punto final a 16 años como alcalde del BNG en Ribadeo". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-12-18.
- ↑ "Fernando Suárez cierra una etapa en Ribadeo al renunciar a la reelección". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-12-18. Consultado o 2022-12-18.
- ↑ "Para desconectar cada domingo collo a bici e ando 90 kilómetros". La Voz de Galicia (en castelán). 7-2-2019. Consultado o 8-2-2019.