Daniel Vega Pérez

político galego

Daniel Vega Pérez, nado en Arante, Ribadeo, o 4 de novembro de 1983, é un político galego que milita nas filas do Partido Popular de Galicia.

Daniel Vega Pérez
Daniel Vega Pérez 01.jpg
Nacemento4 de novembro de 1983
Lugar de nacementoArante
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e gandeiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou os seus estudos en Ribadeo (Colexio Gregorio Sanz), continuándoos en Mondoñedo (Seminario Santa Catalina) e pasou a formarse profesionalmente como técnico agrícola no CFP Pedro Murias de Ribadeo.

Iniciou a carreira como profesional na Cooperativa Gancobre, en Bretoña, de onde logo pasou a ACRUGA, colaborando con entidades diversas do sector agrogandeiro e publicando sobre temas agrarios en diversos medios de comunicación.

PolíticaEditar

Con 25 anos entrou nas Novas Xeracións do PP, das que chegou a presidente local en Ribadeo, provincial en Lugo e vicepresidente autonómico. Entrou como deputado no Parlamento de Galicia en 2016. Preside dende aquela a Comisión de Agricultura, Gandaría, Montes e Alimentación, e renovou a súa acta en 2020.

En maio de 2019 saíu elixido concelleiro en Ribadeo, sendo portavoz do Grupo Popular.

A nivel organizativo dentro do PP de Lugo, é secretario de organización para a provincia de Lugo.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar