Galería de bandeiras dos concellos de Galicia
Galería de bandeiras dos concellos de Galicia.
Bandeiras dos concellos de Galicia
editarBandeiras dos concellos da Coruña
editarBandeira | Concello | Decreto/DOG | Descrición |
---|---|---|---|
Cambre | Bandeira: Decreto 55/2009, do 26 de febreiro.
DOG núm. 54 (18 de marzo de 2009). |
En pano de prata, no centro un piñeiro froitado da súa cor e xunto ao tronco unha cuncha de vieira perfilada de azul a cada lado. | |
Carballo | Decreto 542/2005, do 20 de outubro.
DOG núm. 209 (31 de outubro de 2005). |
Sobre o pano de amarelo, o carballo de verde. | |
Cariño | Decreto 342/1996, do 13 de setembro
DOG núm. 198 (13 de setembro de 1996)). |
Branca á hasta, coa áncora de azul, e azul ó batente coas cinco estrelas de amarelo. | |
Cedeira | DECRETO 414/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cedeira, A Coruña[1] | En pano de amarelo unha banda de verde, acompañada abaixo no terzo da hasta de tres rochas (aguillóns) de negro, sumadas de dúas ortigas de sete follas cada unha de verde; e no alto, no terzo do batente, dunha cruz patada de vermello. | |
Cee | Decreto 325/2002, do 14 de novembro.
DOG núm. 232 (2 de decembro de 2002). |
Sobre o pano verde, a torre donxonada de amarelo; terzado á hasta, de vermello coa cabeza de lobo de amarelo e, no alto, a vieira de branco. | |
A Coruña | |||
Curtis | Decreto 258/2007, do 20 de decembro.
DOG núm.. 7 (10 de xaneiro de 2008) |
En pano verde, unha franxa horizontal de amarelo cun carballo verde no centro e dúas crucetas vermellas colocadas xunto ao seu tronco, unha a cada lado; no pano de verde catro estrelas de amarelo, dúas no terzo do hasta e dúas no do batente. | |
Dumbría | Decreto 84/1999, do 11 de marzo.
DOG núm. 67 (9 de abril de 1999). |
Sobre o pano amarelo, tres franxas ou tiras verticais e ondadas de azul, branco e azul. | |
A Laracha | Sobre o fondo azul céntrase un cruceiro.[2] | ||
Moeche | DECRETO 332/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Moeche (A Coruña)[3] | Sobre o pano verde, a banda engolada de amarelo acompañada de dúas torres do mesmo. | |
Narón | Decreto 125/2000, do 11 de maio.
DOG núm. 103 (29 de maio de 2000). |
Sobre o pano azul escuro, dúas chaves de amarelo dispostas, á hasta, paralelas á vaina, unidas e entretidas. | |
Ferrol | |||
Oleiros | |||
Oroso | Decreto 85/2008, do 10 de abril.
DOG núm.84 (do 2 de maio de 2008). |
En pano de verde, unha franxa horizontal de amarelo cun castiñeiro vello, froitado de catro ourizos, abrazado por unha edra. | |
Ortigueira | Decreto 255/2007, do 20 de decembro.
DOG núm 7 (10 de xaneiro de 2008). |
Tres franxas horizontais; 1ª e 3ª pano de azul cunha franxa horizontal de branco; 2ª pano de branco con tres rochas (aguillóns) sumadas de tres matas de estruga verde de sete follas. | |
Paderne | Decreto 140/2001, do 25 de maio.
DOG núm. 119 (20 de xuño de 2001). |
Sobre o pano branco, a cabeza do xabaril da súa cor natural, linguada de vermello, e terzado á hasta de azul, con dúas vieiras de branco. | |
Ponteceso | |||
Pontedeume | Decreto 420/1996, do 21 de novembro (DOG nº 235, do 2 de decembro). | Sobre pano verde, a banda de amarelo. | |
As Pontes de García Rodríguez | |||
Ribeira | Decreto 212/1986, do 25 de xuño.
DOG núm. 136 (15 de xullo de 1986). |
Baseada no escudo heráldico da liñaxe ribeirense dos Mariño de Sálvora; sobre fondo prateado, tres ondas de cor azul mariño. | |
Santa Comba | Decreto 543/2005, do 20 de outubro[4] | Sobre o de púrpura, o castelo de amarelo, sumado nos seus flancos de dúas vieiras brancas e acompañando, ao batente, de dúas tiras brancas, verticais e ondadas. | |
Santiago de Compostela | LEI 4/2002, do 25 de xuño, do estatuto da capitalidade da cidade de Santiago de Compostela[5] | A bandeira de Santiago de Compostela é de cor granate e leva bordado, no seu centro, o escudo | |
Teo | DECRETO 273/1996, do 27 de xuño, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Teo[6] | Sobre pano azul, dous sabres brancos e encabados de amarelo, resaltados dunha vieira de amarelo. | |
Trazo | Decreto 83/2008, do 10 de abril.
DOG núm. 83 (30 de abril de 2008). |
Pano de verde cun castelo de branco e, a súa dereita un lobo pasante de branco. | |
Val do Dubra | Decreto 50/2009, do 26 de febreiro.
DOG núm. 54 (18 de marzo de 2009) |
En pano de azul un sarcófago de branco superado dun raio de luz de branco superado, pola súa vez, dunha estrela de seis puntas da mesma cor; e no terzo horizontal de abaixo tres franxas ondadas de branco. | |
Zas | Decreto 138/2001, do 25 de maio.
DOG núm. 119 (20 de xuño de 2001). |
Sobre o pano branco, unha franxa ou tira vertical de vermello, disposta no centro e cunha torre de amarelo, aclarada de azul, e dúas mazarocas ó natural, dispostas unha á hasta e a outra ó batente. |
Bandeiras dos concellos de Lugo
editarBandeira | Concello | Decreto/DOG | Descrición |
---|---|---|---|
Antas de Ulla | DECRETO 15/1996, do 30 de xaneiro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Antas de Ulla (Lugo).[7] | De azul, a torre amarela ó centro, e as dúas caldeiras brancas, unha ó batente e a outra á hasta. | |
Baralla | DECRETO 135/1996, do 29 de marzo, polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Baralla.[8] | De azur, e sobre ondas de prata e azur, un caldeiro de ouro sumado dunha cruz do mesmo e acompañado de catro torres de prata, aclaradas de azur. Ó timbre, coroa real pechada. | |
Bóveda | DECRETO 137/2003, do 9 de xaneiro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Bóveda (Lugo)[9] | Sobre o pano azul, os tres dados punteados (5.4.5), dispostos á hasta e acompañados, ó batente, de tres tiras [verticais] ondeadas de branco. | |
Burela | Decreto 229/1996, do 30 de maio.
DOG núm. 114 (11 de xuño de 1996). |
Partido de azul escuro ata un terzo co faro de branco[10] e as torques de amarelo, e o batente (dous terzos) azul celeste. | |
Cervo | Decreto 272/2001, do 20 de setembro.
DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001). |
Sobre o pano verde, un cervo de amarelo, vilenado de vermello; encaixado de azul, un terzo da hasta, coa estrela de amarelo e unha áncora de branco. | |
Cospeito | DECRETO 65/2011, do 24 de marzo, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cospeito[11] | Pano de verde con dúas torres [amarelas] aclaradas de vermello; na parte inferior, catro ondas de branco e azul. | |
Folgoso do Courel | |||
Foz | |||
O Incio | DECRETO 308/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Incio.[12] | Sobre pano vermello, unha aspa de amarelo. | |
Lourenzá | DECRETO 136/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Lourenzá[13] | Pano verde con báculo e veo abacial, resaltado das dúas espigas amarelas dispostas en aspa e flanqueado no alto das dúas vieiras brancas, terzado no batente de amarelo. | |
Mondoñedo | Decreto 336/1999, do 9 de decembro.
DOG núm. 250 (29 de decembro de 1999). |
Sobre o pano vermello, o cáliz de amarelo, sumado da Sagrada Forma de branco e acompañado de seis cruces, tamén de branco, tres á hasta e tres ó batente. | |
Monterroso | |||
Ourol | DECRETO 158/2010, do 9 de setembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Ourol[14] | En pano de verde unha banda de amarelo acompañada dun «vichelocrego» ou «gaimarelo» (Oriolus Oriolus) de amarelo e ás de negro en cada oco. | |
Paradela | |||
O Páramo | Decreto 331/1997, do 13 de novembro.
DOG núm. 227 (24 de novembro de 1997).[15] |
Partida a un terzo da hasta. Azul á hasta, coas dúas torres de amarelo, e vermello ó batente coa cruz da Orde de San Xoán, ou de Malta. | |
A Pontenova | |||
Portomarín | DECRETO 173/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Portomarín[16] | De vermello á hasta, coa cruz branca de San Xoán, e terzada de amarelo con tres retallos vermellos horizontais ao batente. | |
Quiroga | Decreto 271/1998, do 24 de setembro.
DOG núm. 195 (7 de outubro de 1998) |
Sobre o pano verde, a torre de amarelo, flanqueada de catro franxas ou tiras verticais de branco, dúas á hasta e dúas ó batente. | |
Rábade | Decreto 330/2002, do 14 de novembro.
DOG núm. 233 (3 de decembro de 2002). |
Partida á metade. De azul, coa aguia de amarelo, á hasta, e de amarelo ó batente. | |
Ribadeo | |||
Ribas de Sil | DECRETO 344/1996, do 13 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Ribas de Sil.[17] | Sobre pano azul, a cruz patada de branco disposta no centro e cantonda de catro follas de vide de amarelo. | |
Samos | Decreto 287/2008, do 4 de decembro.
DOG núm. 6 (9 de xaneiro de 2009).[18] |
Pano dividido en tres franxas verticais de verde, branco e azul; no terzo do centro, un círculo cunha cruz pometeada de amarelo con catro rubís de vermello, con catro vieiras de prata nos cantos. | |
Sarria | |||
O Saviñao | DECRETO 146/2011, do 7 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Saviñao.[19] | No centro do pano de azul, doce xiróns concéntricos de amarelo recortados e postos nun óvalo imaxinario. | |
Trabada | |||
Vilalba | |||
Viveiro |
Bandeiras dos concellos de Ourense
editarBandeira | Concello | Decreto/DOG | Descrición |
---|---|---|---|
O Barco de Valdeorras | Decreto 112/2007, do 24 de maio.
DOG núm.. 113 (13 de xuño de 2007) |
Pano dividido en diagonal desde a parte alta da hasta, enbaixo de cor vermella e enriba, dividido en horizontal, un terzo de cor branca e baixo del dous terzos de cor azul celeste. | |
Calvos de Randín | DECRETO 327/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Calvos de Randín (Ourense)[20] | Sobre o pano verde, a torre de amarelo acompañada dos seis besantes do mesmo. | |
Castrelo do Val | Decreto 328/2002, do 14 de novembro.
DOG núm. 232 (2 de decembro de 2002)[21] |
Sobre o pano verde, a torre de amarelo; terzado á hasta, de negro coa cruceta patada de amarelo, acompañada das vieiras de branco. | |
Cortegada | DECRETO 155/2024, do 20 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cortegada (Ourense)[22] | O pano vermello coa copa de amarelo e venera branca flanqueadas das dúas serpes verdes. Ao hasta, as sete cruces treboladas de amarelo, ben ordenadas, e as dúas ondas brancas, ao batente. | |
Laza | Decreto 256/2007, do 20 de decembro.
DOG núm. 7 (10 de xaneiro de 2008) |
Pano de branco cunha máscara de peliqueiro coa mitra perfilada de vermello e as borlas, pel e coloretes de vermello; e de vermello pano da parte baixa delimitada desde o centro da base da bandeira ata os ángulos de arriba. | |
Maside | Decreto 56/2009, do 26 de febreiro.
DOG núm. 54 (18 de marzo de 2009) |
Pano de verde cunha torre campanario de amarelo mazonada de negro e aclarada de azul, flanqueada por dous leóns de amarelo, uñados e linguados de vermello e enfrontados, sobre dúas franxas ondadas de branco no terzo horizontal de abaixo. | |
Melón | DECRETO 146/2004, do 25 de xuño, polo que se aproba a bandeira do Concello de Melón (Ourense)[23] | Sobre o pano azul, o báculo amarelo, flanqueado de dúas cruces floronadas del; terciado á asta con xadrezado en dúas ordes de branco e vermello. | |
Deputación Provincial de Ourense | Decreto 295/1997, do 9 de outubro.
DOG núm. 204 (22 de outubro de 1997) |
Sobre o pano azul, once puntos brancos dispostos en vertical e ó batente. | |
Padrenda | DECRETO 209/1992, do 10 de xullo, polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Padrenda (Ourense).[24] | [...] rectangular de proporcións 2:3, formada por cinco franxas horizontais de proporcións ¼, ⅛, ¼, ⅛ e ¼, tres azuis e dúas brancas, as azuis cargadas con dúas, tres e dúas vieiras brancas, respectivamente. | |
Petín | DECRETO 283/1991, do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Petín (Ourense).[25] | Bandeira cadrada, de cor branca cunha aspa azul celeste. Brochante ó centro o escudo municipal nas súas cores. | |
Ramirás | |||
Riós | DECRETO 175/2004, do 15 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello de Riós (Ourense)[26] | Sobre o pano amarelo, o castiñeiro ao natural e, terciado ao batente, as ondas ou tiras verticais e ondadas, de azul e branco. | |
A Teixeira | DECRETO 342/2003, do 24 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello da Teixeira (Ourense)[27] | Sobre o pano verde, as dúas espigas de amarelo, postas en aspa, acompañadas no alto dun acio de uvas do mesmo, e á hasta, terciado de amarelo. | |
Verea | |||
Vilardevós | DECRETO 278/2003, do 22 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Vilardevós (Ourense)[28] | Sobre pano vermello, a cruz de San Xoán e, terciado á hasta, de azul coas tres vieiras de branco. | |
Xunqueira de Espadanedo | DECRETO 125/2000, do 11 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Narón (A Coruña).[29] | En pano de azul unha banda xaquelada de trece e dúas ordes de branco e de vermello, acompañada dun xunco en cada oco. |
Bandeiras dos concellos de Pontevedra
editarBandeira | Concello | Decreto/DOG | Descrición |
---|---|---|---|
Arbo | Decreto 165/2002, do 25 de abril.
DOG núm. 93 (15 de maio de 2002)[30] |
Sobre o pano azul, a lamprea de amarelo e no cantón alto, ó batente, un acio de uvas, tamén de amarelo. | |
Baiona | |||
Bueu | DECRETO 91/2013, do 30 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Bueu.[31] | O pano azul e, ao batente, tres franxas verticais e ondadas de branco. | |
Cangas | |||
A Cañiza | |||
Catoira | Decreto 53/2009, do 26 de febreiro.
DOG núm. 54 (18 de marzo de 2009) |
En pano de vermello: no terzo da hasta unha roda de branco cargada cunha cruz de branco cos cantóns en vermello; no terzo do batente dúas torres de amarelo mazonadas de sable e aclaradas de azul; e no terzo vertical do centro sete franxas verticais ondadas de branco e de azul. | |
Concello de Cerdedo | Decreto 270/2001, do 20 de setembro.
DOG núm. 200 (16 de outubro de 2001) |
Partida ó centro. De azul á hasta, co Cordeiro Pascual disposto sobre o Libro dos Sete Selos; todo nas súas cores convencionais. De vermello ó batente. | |
Cuntis | |||
A Estrada | DECRETO 131/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello da Estrada[32] | Dividida por unha banda branca, de verde á hasta e de vermello ao batente. | |
Forcarei | |||
Meaño | DECRETO 43/2016, do 7 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Meaño[33] | O pano verde e ao centro unha franxa branca, vertical e de dous terzos do longo, co piñeiro ao natural, flanqueado dos dous acios de uvas verdes. | |
Fornelos de Montes | |||
A Guarda | |||
Nigrán | Pano azul cunha aspa branca.[34] | ||
Pazos de Borbén | Decreto 85/1994, do 8 de abril.
DOG núm. 76 (21 de abril de 1994). |
Cortada pola metade. Amarelo a porción superior e azul ultramar medio a inferior. | |
Pontevedra | |||
O Rosal | |||
Ribadumia | |||
Sanxenxo | Decreto 209/2000, do 21 de xullo.
DOG núm. 157 (14 de agosto de 2000) |
Ondado de azul e amarelo e terzado á hasta de azul co brazo saínte, vestido de amarelo e armado dunha lanza do mesmo. | |
Silleda | |||
Vigo | |||
Vila de Cruces | |||
Vilaboa | Decreto 546/2005, do 20 de outubro.
DOG núm 209 (31 de outubro de 2005) |
De azul, as dúas torres de branco, aclaradas de azul. |
Notas
editar- ↑ DECRETO 414/2009, do 12 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cedeira, A Coruña. Diario Oficial de Galicia
- ↑ Símbolos. Páxina web oficial do concello da Laracha
- ↑ DECRETO 332/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Moeche (A Coruña). Diario Oficial de Galicia
- ↑ "Decreto 543/2005, do 20 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Santa Comba" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2016. Consultado o 7 de maio de 2016.
- ↑ LEI 4/2002, do 25 de xuño, do estatuto da capitalidade da cidade de Santiago de Compostela. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 273/1996, do 27 de xuño, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Teo. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 15/1996, do 30 de xaneiro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Antas de Ulla (Lugo). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 135/1996, do 29 de marzo, polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Baralla. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 137/2003, do 9 de xaneiro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Bóveda (Lugo). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 229/1996
- ↑ DECRETO 65/2011, do 24 de marzo, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cospeito. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 308/1996, do 12 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Incio. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 136/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Lourenzá. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 158/2010, do 9 de setembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Ourol. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 331/1997, do 13 de novembro, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello do Páramo (Lugo). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 173/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Portomarín. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 344/1996, do 13 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e maila bandeira do Concello de Ribas de Sil. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 287/2008, do 4 de decembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Samos, Lugo. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 146/2011, do 7 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello do Saviñao. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 327/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Calvos de Randín (Ourense). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 328/2002, do 14 de novembro, polo que se aproba a bandeira do Concello de Castrelo do Val (Ourense). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 155/2024, do 20 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Cortegada (Ourense). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 146/2004, do 25 de xuño, polo que se aproba a bandeira do Concello de Melón (Ourense). Diario oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 209/1992, do 10 de xullo, polo que se aproban o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Padrenda (Ourense). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 283/1991, do 5 de setembro, polo que se aproba o escudo heráldico e a bandeira do Concello de Petín (Ourense). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 175/2004, do 15 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello de Riós (Ourense). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 342/2003, do 24 de xullo, polo que se aproba a bandeira do Concello da Teixeira (Ourense). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 278/2003, do 22 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Vilardevós (Ourense). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 125/2000, do 11 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Narón (A Coruña). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 165/2002, do 25 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Arbo (Pontevedra). Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 91/2013, do 30 de maio, polo que se aproba a bandeira do Concello de Bueu. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 131/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello da Estrada. Diario Oficial de Galicia
- ↑ DECRETO 43/2016, do 7 de abril, polo que se aproba a bandeira do Concello de Meaño. Diario Oficial de Galicia
- ↑ [https://www.nigran.es/es/imagen-corporativa/ Páxina web do Concello de Nigrán