Abrir o menú principal

Senén Pousa Soto, nado en 1939, é un político galego do PPdeG.

Senén Pousa
Nacemento1939
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É agricultor xubilado, está casado e ten dous fillos[1]. En 1974 foi nomeado alcalde de Beade. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática á alcaldía e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, primeiro por Centristas de Galicia e despois polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Tamén é vocal da directiva provincial do PPdeG de Ourense[2] e tesoureiro da Mancomunidade do Ribeiro[3]. Entre os anos 2007 e 2009 Pousa foi deputado provincial na Deputación de Ourense. Accedeu ó cargo en substitución de Rogelio Martínez González, que o abandonou para facerse coa alcaldía da Arnoia. No 2009 Martínez cedeu a alcaldía a José Camilo Fariñas Viso e regresou á Deputación. Para facer posible o regreso de Martínez, que aspiraba á vicepresidencia da Deputación, Pousa e outros tres deputados tiveron que dimitir como deputados[4][5].

Pousa é coñecido polo seu hábito de encargar cada 20 de novembro unha misa funeral en memoria de Francisco Franco. A pesar das mocións da oposición, Pousa négase a cumprir a Lei de Memoria Histórica cambiándolle o nome a unha rúa adicada ó ditador[6].

A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.[7]


Predecesor:
'
  
Alcalde de Beade
 
1974 - actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

  1. www.elcorreogallego.es (ed.). "Regidores en la provincia de Ourense". Arquivado dende o orixinal o 18/01/2012. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)
  2. www.ppou.es (ed.). "Xunta Directiva". Consultado o 18/12/2010. 
  3. L.R. (18/06/2008). www.laregion.es, ed. "Senén Pousa defiende la legalidad de su cargo como tesorero de la Mancomunidad". Consultado o 18/12/2010. [Ligazón morta] (en castelán)
  4. www.laregion.es, ed. (30/11/2007). "El alcalde de Beade deja su escaño en la Diputación de Ourense en favor del regidor de Arnoia". Arquivado dende o orixinal o 01/12/2007. Consultado o 18/12/2010.  (en castelán)
  5. L.R. (03/06/2009). www.laregion.es, ed. "Una papeleta en blanco se ‘coló’ en la urna durante la elección del nuevo alcalde de Arnoia". Consultado o 18/12/2010. [Ligazón morta] (en castelán)
  6. www.ourensedixital.com, ed. (28/11/2007). "O alcalde Senén Pousa resístese a quitarlle o nome de Franco á rúa principal de Beade". Consultado o 18/12/2010. 
  7. galiciahoxe.com, ed. (7 de outubro de 2013). "Atentado en Beade". Consultado o 7 de outubro de 2013. 

Véxase taménEditar