Rogelio Martínez González
político español
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rogelio Martínez.
Rogelio Martínez González, nado na Arnoia en 1956, é un político galego.
Rogelio Martínez González | |
---|---|
Nacemento | 1956 |
A Arnoia | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Dende maio de 2009 ata outubro de 2015 foi delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense. Ata o seu nomeamento como delegado foi vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, baixo a presidencia de Xosé Luís Baltar. Tamén foi portavoz do Grupo do Partido Popular de Galicia (PPdeG) na Corporación Provincial, así como presidente da Mancomunidade do Ribeiro e alcalde da Arnoia polo PPdeG durante 30 anos. No momento de acceder á alcaldía foi o alcalde máis novo de España.[1] O 8 de outubro de 2015 o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cesouno como delegado territorial.[2][3][4]
Predecesor: Rafael Bangueses Bangueses |
Alcalde da Arnoia 1979 - 2009 |
Sucesor: José Camilo Fariñas |
NotasEditar
- ↑ Rogelio Martínez es el superdelegado de la Xunta de Galicia en Ourense. www.ourensedixital.com, 14/12/2009. (en castelán)
- ↑ Feijóo cesa a Rogelio Martínez como delegado territorial.(en castelán)
- ↑ Feijóo coloca a una abogada afín a Baltar en la Delegación de la Xunta. (en castelán)
- ↑ "Feijóo suelta lastre de imputados". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2016. Consultado o 05 de maio de 2016.