Mayra García Bermúdez

política galega do PSdeG

Mayra García Bermúdez, nada o 27de maio de 1988[1], é unha política galega. Está Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela.

Mayra García Bermúdez
Nacemento1988
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]
Mayra García Bermúdez, no seu despacho
No seu despacho

TraxectoriaEditar

Foi elixida alcaldesa de Trabada con maioría absoluta en 2015 liderando a candidatura do PSdeG-PSOE, o que a converteu na alcaldesa máis nova de Galicia.

No mesmo mandato, entrou a formar parte da Deputación Provincial de Lugo como Deputada de Economía, logo de ser elixida Deputada como representante do PSdeG-PSOE polo partido xudicial de Mondoñedo. Reedita a maioría absoluta nos comicios de 2019 e volve ser elixida Alcaldesa. Tamén repite como Deputada provincial e encargada da área de Economía.

NotasEditar

  1. "Deputación de Lugo". Consultado o 21/5/2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
José Manuel Yanes Ginzo
  
Alcaldesa de Trabada
 
2015 - actualidade
Sucesor:
-