Nós Pobra

formación política asemblearia de ámbito municipal da Pobra do Caramiñal

Nós Pobra é unha formación política asemblearia de ámbito municipal da Pobra do Caramiñal.

Nós Pobra
Candidatura municipal
Dirixentes e organización
LíderXosé Lois Piñeiro
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Esquerdismo
Galeguismo
Representación
Concelleiros na Pobra do Caramiñal
3 / 13

Traxectoria editar

Presentouse como agrupación de electores ás eleccións municipais de 2015 para as que celebrou primarias nas que se elixiu o exnacionalista Xosé Lois Piñeiro como cabeza de lista. Logrou catro concelleiros con 1563 votos (27.4%) nun consistorio no que o Partido Popular perdeu a maioría absoluta despois de 16 anos[1], polo que a formación accedeu ao goberno co apoio do BNG e do PSdeG.[2], optando por un goberno minoritario en solitario. Posteriormente pasaría a engrosalo proxecto de En Marea.

Nas eleccións de 2019 Nós Pobra logrou a vitoria con 2019 votos (36,14%) e 5 concelleiros, revalidando o goberno e conformando unha coalición en minoría coa única edil do PSdeG. En outubro de 2020 uníronse ao goberno os dous concelleiros do BNG, polo que logrou gobernar en maioría tras 5 anos en minoría. Nas eleccións de 2023 a formación baixou ata os 1214 votos (23,05%) e 3 concelleiros, mais consigueu retelo goberno co apoio de BNG, PSdeG e VIP, se ben tanto Xosé Lois Piñeiro e a súa número 2 deberon renunciar á alcaldía (por esixencia de VIP e BNG) en favor do número 3 da candidatura José Carlos Vidal.

Notas editar

  1. ""O PP perde a maioría absoluta en Ribeira e na Pobra", Canal Rías Baixas, 25 de maio de 2015". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 26 de maio de 2015. 
  2. ""Piñeiro podría ser alcalde de Pobra si Nós Pobra se alía con el BNG" El Correo Gallego". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 26 de maio de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar