Francisco Armando Veiga

político galego
(Redirección desde «Francisco Armando Veiga Romero»)

Francisco Armando Veiga Romero, nado en Riós o 6 de decembro de 1958, é un político galego do PPdG.

Francisco Armando Veiga
Nacemento6 de decembro de 1958
Lugar de nacementoRiós
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi empregado de banca entre 1980 e 1999, desempeñando o cargo de Director-Interventor do Banco Español de Crédito.

Comezou a súa carreira política en 1982 en Alianza Popular. Concelleiro de Riós, en setembro de 1993 foi elixido alcalde de Riós para substituír o dimisionario Eloy Veiga Martínez.[1] Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 1995 e acadou catro concelleiros, converténdose en alcalde. En 1999 logrou a maioría absoluta con 6 concelleiros, revalidada nos anos 2003 e 2007 con 8 concelleiros. Como alcalde de Riós, forma parte do Consorcio de Incendios da mancomunidade de Verín, e é representante e coordinador técnico do programa de voluntariado do seu concello.

Desde 2003 é deputado provincial, pertencendo ás comisións de Patrimonio, Consello de Contas, Agricultura e Medio Ambiente. Así mesmo, fai os labores de tesoureiro na executiva do PPdG. En abril de 2022 renunciou á alcaldía e foi substituído pola concelleira Eva Barrio.[2]


Predecesor:
Eloy Veiga Martínez
  
Alcalde de Riós
 
1993 - 2022
Sucesor:
Eva Barrio

Viva persoal editar

Está casado e ten dous fillos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar