Xosé Emilio Barros Bello

político galego

Xosé Emilio Barros Bello nado en Queimadelos (Mondariz) en 1967,[1] é un político galego do BNG.

Infotaula de personaXosé Emilio Barros Bello
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Queimadelos, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mondariz
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Delegado comercial. Foi cofundador da Asociación Veciñal Carballo da Armada. Foi vogal da Xunta Veciñal de Queimadelos. En 2007 foi elixido concelleiro BNG en Mondariz, tras formar parte da candidatura encabezada por Xoán Carlos Montes Bugarín. En 2011 volveu a ser elixido concelleiro, pasando a ser portavoz municipal e único representante da formación en abril de 2012 trala marcha dos outros 4 edís nacionalistas da formación, encabezados polo ata entón candidato Montes Bugarín. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do BNG e logrou 2 concelleiros, sendo a terceira forza política do concello tras Alternativa por Mondariz (formada polos seus excompañeiros de filas e que logrou a alcaldía) e o PPdeG. Desta forma situouse na oposición.

Nas eleccións municipais de 2019 encabezou novamente a candidatura do BNG e nesta ocasión foi a segunda máis votada, con tres concelleiros. Foi elixido alcalde o 15 de xuño grazas ós votos do PSdeG-PSOE e do PPdeG, con quen non se fixo ningunha negociación[2], pasando a formar un goberno de coalición co PSdeG. Isto provocou o desaloxo do goberno do anterior alcalde, o seu excompañeiro Xoán Carlos Montes Bugarín, que se presentara novamente por Alternativa por Mondariz e que volvera ser a formación máis votada. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do BNG e perdeu a alcaldía tras pasar a ser a terceira forza política, con 2 concelleiros, e ó non recibir desta volta os apoios de populares e socialistas, Xoán Carlos Montes Bugarín recuperou a alcaldía como candidato da forza máis votada.


Predecesor:
Xoán Carlos Montes Bugarín
  
Alcalde de Mondariz
 
2019 - 2023
Sucesor:
Xoán Carlos Montes Bugarín

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar