Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

político galego

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, nado en Chantada en 1951, é un político galego do PPdeG.

Modelo:BiografíaManuel Lorenzo Varela Rodríguez
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Chantada, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Chantada
2011 –
← Manuel Anxo Taboada Rodríguez
Alcalde de Chantada
1995 – 2007
← Manuel Anxo Taboada RodríguezManuel Anxo Taboada Rodríguez →
Senador de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Chantada Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Diplomado en Ciencias Sociais, exerceu a súa actividade profesional como axente de seguros. Nas eleccións municipais de 1991 foi o número 2 da candidatura do PPdeG en Chantada, a cal foi a máis votada con 6 edís, se ben non accedeu ao goberno logo do apoio dos independentes do ata entón alcalde polo PPdeG Sergio Vázquez Yebra á formación Chantada Nova de Manuel Anxo Taboada Rodríguez. Foi portavoz do partido na oposición e encabezou a lista do PPdeG á alcaldía nas eleccións municipais de 1995 nas que foi a segunda forza máis votada tras Chantada Nova, ambas con 6 concelleiros. Ante a falta de acordo dos independentes de Yebra, que eran a chave do goberno con 3 edís, coas dúas principais formacións políticas chantadinas, os independentes de Taboada repetiron na alcaldía como lista máis votada. En xaneiro de 1996 presentou unha moción de censura coa que foi elixido alcalde ao contar nesta ocasión co apoio dos independentes de Yebra, cos cales pasou a gobernar e se acabaron integrando de novo nas filas do PPdeG. Nas municipais de 1999 e 2003 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En 2007 perdeu a maioría absoluta e a alcaldía en favor de Manuel Anxo Taboada, o cal pasara a formar parte do PSdeG-PSOE e estableceu un goberno de coalición co BNG. Nese mandato foi deputado provincial.

No congreso local do PP de Chantada de novembro de 2008 foi derrotado por Susana López Abella, que asumiu a presidencia da agrupación local[1]. En outubro de 2009 formalizou o abandono do grupo municipal do PP chantadino, xunto con outros tres dos seis concelleiros populares, pasándo tamén a ser deputado non adscrito na Deputación de Lugo. En marzo de 2011 presentou o partido Independentes Terras do Asma (INTA) co cal se presentou ás eleccións municipais de 2011 e conseguiu recupera-la alcaldía ao se-la lista máis votada. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo INTA e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.

 
Papeleta para o Senado nas Eleccións de abril de 2019.

De cara ás Eleccións Xerais de 28 de abril de 2019 regresou ao PPdeG e foi elixido senador pola provincia de Lugo. Nas eleccións municipais de 26 de maio de 2019 volveu a ser cabeza de lista do PPdeG en Chantada e foi reelixido alcalde ó lograla maioría absoluta. Tralas municipais de 2023 foi novamente reelixido por maioría absoluta.


Predecesor:
Manuel Anxo Taboada Rodríguez
  
Alcalde de Chantada
 
1996 - 2007
Sucesor:
Manuel Anxo Taboada Rodríguez
Predecesor:
Manuel Anxo Taboada Rodríguez
  
Alcalde de Chantada
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar