Carlos Viéitez Fernández

político galego

Carlos Viéitez Fernández, nado en Xil (Meaño),[1] é un político galego.

Infotaula de personaCarlos Viéitez Fernández
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Xil Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Meaño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi xuíz de paz de Meaño e técnico da Mancomunidade do Salnés. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG en Meaño[1] e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada, pese a perdela formación a maioría absoluta, tras negarse os concelleiros do PSdeG a apoiar ó candidato independente José Manuel Aspérez.

En outubro de 2019 foi expulsado do PPdeG tras facilitarlle aos socialistas un representante na Mancomunidade do Salnés que supuxo facilitala perda do control deste órgano por parte dos populares en favor dos socialistas[2]. Un ano despois, a dirección nacional do partido confirmou a expulsión por "manifesta deslealdade" co partido e por "desobediencia"[3]. Tódolos concelleiros do seu grupo, xunto con numerosos militantes populares, o acompañaron e en setembro de 2021 fundou o partido Veciños de Meaño[4]. Nas municipais de 2023 encabezou dita formación e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Redacción. "Carlos Viéitez Fernández, Candidato PP en Meaño". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2023. 
  2. El PPdeG expulsa al alcalde de Meaño por el conflicto de la mancomunidad
  3. Redacción (15 de outubro de 2020). "El PP confirma la expulsión del alcalde de Meaño por deslealtad y desobediencia". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2023. 
  4. Viéitez, Oskar (12 de setembro de 2021). "El alcalde de Meaño presenta su nuevo partido político". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2023. 
  5. M., M. (23 de maio de 2023). "Viéitez y Giráldez consolidan sus proyectos con sendas mayorías absolutas". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 31 de maio de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Lourdes Ucha Varela
  
Alcalde de Meaño
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo