Abrir o menú principal

Lourdes Ucha Varela

política española

Lourdes Ucha Varela, nada en Simes (Meaño)[1] en 1969, é unha política galega do PPdeG e foi alcaldesa de Meaño dende o 29 de novembro de 2012 ata o 15 de xuño de 2019.

Lourdes Ucha Varela
Nome completoLourdes Ucha Varela
Nacemento1969
 Meaño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Diplomouse en Maxisterio, aínda que non chegou a exercer, Lourdes Ucha comezou a súa carreira política con 26 anos, ao ser elixida como edil na corporación municipal de Meaño en 1995, dentro da candidatura de Independientes de Meaño, se ben posteriormente esta formación se integrou no PPdeG. A partir de 1999 pasou a formar parte da comisión de goberno, e desde 2003 ocupa o cargo de tenente de alcalde, sendo ademais responsable das áreas social e educativa do goberno municipal.

Tras o falecemento en 2012 do alcalde, Jorge Domínguez Rosal, Lourdes Ucha perfilouse coma a nova alcaldesa[2], sendo elixida para o cargo o 29 de novembro de 2012[3].


Predecesor:
Jorge Domínguez Rosal
  
Alcaldesa de Meaño
 
2012 - 2019
Sucesor:
Carlos Vieitez Fenández

NotasEditar

Véxase taménEditar