Cenlle, Cenlle, Cenlle

lugar da parroquia de Cenlle, no concello de Cenlle

Cenlle é un lugar da parroquia de Cenlle, no concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 195 habitantes (88 homes e 107 mulleres). É a capital tradicional do concello (e ao que lle dá nome) de Cenlle, na actualidade e dende tempos da guerra civil esta capitalidade dispútase entre Xubín (núcleo situado ó pé do Miño) e o propio Cenlle.

Cenlle
ParroquiaCenlle
ConcelloCenlle
Coordenadas42°20′31″N 8°05′20″O / 42.341887109677, -8.0888425390277
Poboación195 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A tradición oral fala da escasa antigüidade (aprox. 200 anos) deste núcleo que se conforma como o punto equidistante entre os lugares de poboación mais antigos: A Pena, Roucos e Názara, para a construción da súa igrexa parroquial, aínda que documentos históricos testemuñan a existencia de poboamento moito antes.

A poboación carece de edificios brasonados ou señoriais de mérito.

Patrimonio

editar
 
Peto de ánimas.
 
Cruceiro de ánimas.

O interese artístico da igrexa (1860) reside na escultura de Santa Lucía, do século XVI, das máis singulares obras do Mestre de Sobrado[3]

O peto de ánimas hoxe acaroado a cabeceira e antes no adro, presenta un pequeno retablo no cal se alude ao poder do Espírito Santo en forma de pomba no alto, tendo á dereita a San Antonio e á esquerda a Virxe María que mostra por debaixo un grupo de catro ánimas, estando dous dos extremos prendidos do escapulario da Virxe e do Neno. Conserva parte do seu policromado. Trátase dun peto de tipo aberto, cun fornelo rectangular coroado por unha cruz sobre un cubo e acompañada de dous pináculos.[4]

Na praza, fronte a igrexa parroquial, está o Cruceiro de ánimas. Sobre un cubo, coa representación das ánimas sitúase unha columna cadrada con símbolos da Paixón de Cristo. No fuste, aparece a Verónica portando o seu pano, no pano vese a faciana de Cristo. Por riba do capitel, sitúase a imaxe de Cristo na cruz e un anxo que porta o Santo Graal. Polo reverso vese unha Virxe sobre a cabeza do anxo co fillo morto nos brazos. O cruceiro estivo, en tempos, totalmente policromado, polo menos a parte superior do mesmo. Tamén tivo caixa de esmolas, pero agora aparece totalmente tupido polo cemento. Sitúase xusto baixo as tres ánimas. Pola fronte do fuste aparece gravado: “ANO DE 1877” e pola parte traseira: “FEZ M G” (fíxome Manuel González).

Existe outro cruceiro con peana de tres chanzos e pousadoiro, chamado “de procesión” na Praza da Tenencia moi cerca deste.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cenlle

editar
Lugares da parroquia de Cenlle no concello de Cenlle

Cenlle | Názara | A Pena | O Pereiro | A Quintá | A Torre

Parroquias de Cenlle

editar
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Cenlle, Cenlle". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. 
  3. Martín González-González Paz, 1986, 78.
  4. Aparece no libro "Os petos de ánimas de Ourense", fotografía n12 A e B.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar