Cenlle, Cenlle
Santa María de Cenlle é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2011 tiña 264 habitantes (137 mulleres e 127 homes), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 339 habitantes. O curato é de entrada e provisión ordinaria.
Cenlle | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Cenlle. | |
![]() | |
Concello | Cenlle[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°20′35″N 8°05′18″O / 42.34293172, -8.08834049Coordenadas: 42°20′35″N 8°05′18″O / 42.34293172, -8.08834049 |
Poboación | 264 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Está situada nun outeiro no centro do concello lindando polo norte con San Fiz de Navío, ao leste con Razamonde e Vilar de Rei, ao sur con Sadurnín e ao oeste con San Lourenzo da Pena. O terreo é pedregoso dominado polo monte Barazal dende o cal se divisa case todo o partido xudicial de Ribadavia e parte do do Carballiño.
Patrimonio editar
No monte Barazal existe unha ermida de San Breixo e na praza do mesmo nome atopábase a casa chamada A Tenencia, que era do Cabido de Ourense, con 1.800 xornais de terra, lugar onde recollía os froitos que anualmente recollía en concepto de foros e rendas. Tamén existe unha capela de San Bieito de propiedade particular.
Nesta parroquia existían dous escudos hoxe desaparecidos e un "cemiterio de brasóns", que alude aos apelidos Pallarés e Piñeiro. Leva unha man portando un feixe de espigas, un castelo e un piñeiro.
Tamén había unha amea que se atopaba na entrada dunha casa, que con dous mais iguais, facían un conxunto do portalón da casa e que puideran corresponder co apelido Deza, dado que cada un leva unha flor de lis. Atópase na actualidade en mans dun anticuario.
Festas editar
Celébranse as súas festas patronais o día da Asunción, o 14, 15 e 16 de agosto.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Cenlle editar
Lugares da parroquia de Cenlle no concello de Cenlle | |
---|---|