Abrir o menú principal

San Lourenzo da Pena é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2013 tiña 119 habitantes (64 mulleres e 55 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes. O Curato é de entrada e ten por anexo o de Santa Mariña de Esposende.

A Pena
Igrexa de San Lorenzo da Pena.JPG
Igrexa de San Lourenzo da Pena.
Parroquia da Pena do concello de Cenlle.png
ConcelloCenlle
Poboación119 hab. (2013)
Entidades de poboación7

Limita coas parroquias de Esposende ao Sur, a de Cenlle ao leste, as de Osmo e San Clodio ao Norte e a de Bieite ao Oeste.

A igrexa de San Lourenzo está situada a medio camiño entre as aldeas da parroquia con estradas cara a Lentille, onde está a Casa Grande de Lentille, Roucos e Cuñas, onde está situado o santuario na honra de San Bieito.

PatrimonioEditar

Houbo nesta freguesía un castelo do Conde de Ribadavia.

A Casa Grande de Lentille é un pazo situado no lugar de Lentille.

Hai tres cruceiros na parroquia: un xusto ao lado da parroquia, outro na estrada de Lentille e outro en Cuñas.

O Santuario de San Bieito de Cuñas.

A casa reitoral de San Lorenzo, tamén de fábrica románica, a cal se atopa en ruínas.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar