Cuñas, A Pena, Cenlle

lugar da parroquia da Pena, no concello de Cenlle

Cuñas é un lugar da parroquia de San Lourenzo da Pena, no concello ourensán de Cenlle. Segundo o IGE[1], en 2020 tiña 25 habitantes (14 homes e 11 mulleres).

Cuñas
San Bieito de Cuñas, A Pena, Cenlle.jpg
Santuario de San Bieito.
ParroquiaA Pena
ConcelloCenlle
Poboación25 hab. (2020)
editar datos en Wikidata ]

PatrimonioEditar

Aquí está o Santuario de San Bieito (1751), un dos máis importantes dos situados na comarca do Ribeiro na honra de San Bieito.

Neste lugar atópase unha casa do século XVII con arco de medio punto de grandes doelas. Nela hai un escudo con catro particións: un oso subindo a un piñeiro; unha torre; cinco bandas diagonais; un piñeiro do que saen dúas ás. Posiblemente da familia Pardo e Piñeiro.

Outro dos edificios emblemáticos da parroquia é a adega de principios do século XII, que no seu día formou parte das propiedades do Mosteiro de San Clodio. Consta de dúas edificacións, restauradas mantendo o aspecto orixinal, nunha delas, mantén o seu antigo lagar.

FestasEditar

As festas patronais teñen lugar entre o 10 e o 12 de xullo.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares da PenaEditar

Lugares da parroquia da Pena no concello de Cenlle

Cacabelos | O Coedo | Cuñas | Lentille | Pazos Ermos | Roucos | San Lourenzo

Parroquias de CenlleEditar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

NotasEditar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021.