Gumersindo Lamas Alvar

político galego

Gumersindo Lamas Alvar, nado en 1964, é un empresario e político galego do PPdeG.

Gumersindo Lamas Alvar
Nacemento1964
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nas eleccións municipais de 1991 encabezou a candidatura de PPdeG á alcaldía de Sarreaus e foi elixido alcalde co apoio de Centristas de Galicia, pese a lograr tan só 1 concelleiro. Nas municipais de 1995 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019, acadou a alcaldía co 82% dos votos,[1][2] e nas eleccións de 2023, renovou a alcaldía[3] conseguindo 8 dos 9 concelleiros.

Polémica editar

Durante as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, foi acusado de ceder o seu coche particular a un taxista xubilado para que achegase xente maior cara a un dos colexios electorais do municipio, unhas veces saíndo do coche co voto en man do PPdeG ou dándollo ao entrar no recinto da votación por parte dun dos apoderados do PP, incluído o propio Gumersindo. Estes feitos foron denunciados por un veciño do concello, que gravou todo o proceso, xunto cun representante do BNG.[4]

Notas editar

  1. Redacción (24 de maio de 2023). "El PP de Sarreaus aspira a mantener los ocho ediles con los que gobierna". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 19 de febreiro de 2024. 
  2. Redacción (16 de xuño de 2019). "Gumersindo Lamas, regidor de Sarreaus". laregion.es (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  3. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  4. Carrazoni Mier, Yuri (22 de maio 2022). "Denuncian un presunto caso de "carretaxe" en Sarreaus co coche do alcalde (PP): "Para a próxima conduzo eu mesmo cinco ou seis veces"". Nós Diario. Consultado o 19 de Febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


Predecesor:
Antolín García Martínez
  
Alcalde de Sarreaus
 
1991 - actualidade
Sucesor:
no cargo