Concello de Alba

antigo concello galego

Alba foi un antigo concello da comarca de Pontevedra formado polas parroquias de Alba, Lérez, Campañó e despois incorporouse Cerponzóns. Creado en 1841, en 1869 foi anexionado a Pontevedra.

Modelo:Xeografía políticaConcello de Alba

Localización
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1841 Editar o valor em Wikidata
Disolución1869 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Trala división territorial de España en 1833, a creación do concello de Alba foi formulada en 1835 por unha comisión encargada de formar novos concellos, que tivo en conta as demandas das parroquias rurais que querían separarse de Pontevedra.[1]

A segregación foi acordada en pleno o 26 de agosto de 1841 e aprobada pola Deputación o 10 de novembro do mesmo ano. Enmárcase no proceso de división do concello de Pontevedra que implicou igualmente a creación dos concellos rurais de Mourente e Salcedo.

Durante a súa existencia existiron varias tentativas de reposición. Entre 1867 e 1868 foi anexionado a Pontevedra, mais o Ministerio de Gobernación anulou a anexión e ordenou recuperar os tres concellos independentes da capital. A incorporación definitiva produciuse en agosto de 1869.

Notas editar

  1. García, Benigno. "O antigo Concello de Alba". Asociación Cedofeita. Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 05/05/2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar