Abrir o menú principal

Josefa Asunción Morgade Rúa, nada en 1986, é unha política galega, alcaldesa de Rairiz de Veiga.

Asunción Morgade
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Profesionalmente, Morgade é enfermeira e está estudando Psicoloxía.

Asunción Morgade figuraba como número 2 da candidatura do PPdeG ao concello de Rairiz de Veiga nas eleccións de 2015. Neses comicios o PPdeG obtivo unha ampla maioría e Xoaquín Rodríguez Ambrosio foi elixido alcalde. Poucos meses despois, en decembro, Ambrosio viuse obrigado a dimitir tras ser condenado por prevaricación a oito anos de inhabilitación, polo que o pleno volveu escoller unha nova alcaldesa, que foi Morgade. Con todo, Morgade non contou co apoio de dous concelleiros do propio PPdeG, que foran do PPdeG antes de que os anteriores concelleiros do BNG, co ex-alcalde á cabeza, se integrasen no seu grupo[1]. No momento de converterse en alcaldesa foi a alcaldesa máis nova da provincia de Ourense.


Predecesor:
Xoaquín Rodríguez Ambrosio
  
Alcaldesa de Rairiz de Veiga
 
2015 - na actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar