César Longo

político galego
(Redirección desde «César Longo Queijo»)

César Longo Queijo, nado na Coruña en 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaCésar Longo Queijo
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Paderne Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi candidato á alcaldía de Paderne polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1983, sendo a segunda forza máis votada con 3 concelleiros. Nas municipais de 1987 e 1991 conseguiu mellorar os seus resultados con 4 e 5 concelleiros, respectivamente, sendo nesta última ocasión a forza máis votada ó bordo da maioría absoluta, pero un pacto entre o PPdeG e os Independentes por Paderne privouno da alcaldía. Nas municipais de 1995 baixou a 4 edís, por detrás do PPdeG, e apoiou ao independente José Abrodos López como alcalde. Porén, en xullo de 1996 apoiou unha moción de censura que lle devolveu a alcaldía ó popular José Luís Pico Espiñeira.

Nas eleccións municipais de 1999 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE, logrou de novo 4 concelleiros e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG e Independentes de Paderne. Nas municipais de 2003 foi reelixido de novo alcalde con maioría absoluta, así como en 2007, 2011 e 2015. Foi deputado provincial de 2011 a 2015.[1] Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a maioría absoluta e acadou de novo a alcaldía como cabeza da lista máis votada.[2] Nas municipais de 2023 non se presentou á reelección e foi substituído á fronte da alcaldía polo seu compañeiro Sergio Platas Casal.


Predecesor:
José Luis Pico Espiñeira
  
Alcalde de Paderne
 
1999 - 2023
Sucesor:
Sergio Platas Casal

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar