Abrir o menú principal

José Manuel López Varela

político español

José Manuel López Varela, nado na Laracha en setembro de 1961, é un mestre e político galego do PPdeG.

José Manuel López Varela
Nacementosetembro de 1961
 A Laracha
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1980 afiliouse a Alianza Popular e entre 1987 e 1999 foi de Tenente Alcalde do concello da Laracha como segundo de Jesús Rama Becerra. Nas municipais de 1999 encabezou a lista do PPdeG, co que obtivo maioría absoluta e foi elixido Alcalde. Volveu gañar as eleccións municipais dos anos seguintes por maioría absoluta, tanto en 2003 como en 2007. A vitoria repetiuse nas municipais de 2011, co mellor resultado do PP no municipio e, tamén, nas eleccións do 24 de maio de 2015.

Dende o 2003 ata 2011 formou parte do grupo popular na Deputación da Coruña, en representación da comarca de Bergantiños. En 2007 figurou como candidato a asumir a presidencia da Deputación polo PPdeG, pero o pacto de goberno entre BNG e PSdeG non permitiu que acadase o posto. O 22 de maio de 2011 volveu ser cabeza de lista polo seu partido na Laracha, onde o PPdeG logrou 13 concelleiro, 2 foron para o PSdeG e outros 2 para o BNG.

Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con 11 concelleiros.[1]

Predecesor:
Jesús Rama Becerra
  
Alcalde da Laracha
 
1999 - actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

Véxase taménEditar