Cristina Cid

política galega do BNG
(Redirección desde «María Cristina Cid Fernández»)

María Cristina Cid Fernández, nada en Allariz o 2 de setembro de 1970, é unha política galega do BNG, alcaldesa de Allariz.

Modelo:BiografíaCristina Cid
Biografía
Nacemento(es) María Cristina Cid Fernández Editar o valor en Wikidata
2 de setembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Allariz, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Allariz
2018 –
← Francisco García Suárez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Concelleira de Allariz dende 1995. Foi concelleira de Turismo, Participación Cidadá e Comercio e despois de Promoción Económica, Turismo e Comercio. Levou a xestión da empresa pública Reatur SA.[1] En xuño de 2018, sendo a primeira tenente de alcalde, e coa idea de encabezar a candidatura nacionalista en 2019, pasou a ser a alcaldesa logo da dimisión de Francisco García.[2] Nas municipais de 2019 revalidou a alcaldía[3] con maioría absoluta, ó igual que nas seguintes eleccións de 2023.

Vida persoal

editar

Foi parella de Anxo Quintana, con quen tivo dous xemelgos en 2006, Xabier e Lía[4].

  1. "Cristina Cid Fernández". Linkedin. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  2. Fernández, Laura (22 de xuño de 2018). "Cristina Cid toma el testigo de García en un cálido pleno". La Región (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  3. "Allariz". fegamp.gal. 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 29 de maio de 2023. 
  4. Juan Calvo (24 de febreiro de 2006). "La familia Quintana, en sociedad". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Francisco García Suárez
  
Alcaldesa de Allariz
 
2018 - actualidade
Sucesor:
no cargo