Benigno Galego Castro
Benigno Galego Castro, nado en Cerdido en 1977, é un político e funcionario galego do PSdeG-PSOE.
Benigno Galego Castro | |
---|---|
Nome completo | Benigno Galego Castro |
Nacemento | 1977 |
Lugar de nacemento | Cerdido |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e funcionario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Funcionario do Ministerio de Defensa. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Cerdido nas eleccións municipais de 2003 e foi elixido concelleiro da oposición. Nas municipais de 2007 repetiu candidatura e conseguiu pasar de 1 a 2 concelleiros. En 2011 mellorou os seus resultados con 3 concelleiros e un 35% dos votos, poñendo a maioría absoluta do PPdeG contra as cordas, de feito socialistas e nacionalistas lograron máis votos xuntos que os conservadores pese a que estes conservaron a maioría de concelleiros. Nas municipais de 2015 foi elixido alcalde con maioría absoluta, sendo o primeiro rexedor socialista de Cerdido en toda a democracia. Foi reelixido nas municipais de 2019 cunha maioría absoluta aínda máis ampla, con 7 concelleiros de 9. Non se presentou á reelección nas municipais de 2023, polo que abandonou a alcaldía ao remata-lo mandato.
Predecesor: Ana Rodríguez Montero |
Alcalde de Cerdido 2015 - 2023 |
Sucesor: Alberto Rey Paz |