Xosé Lois Maceda Vilariño
Xosé Lois Maceda Vilariño, nado en Lugo o 30 de decembro de 1965, é un político galego militante no BNG alcalde, dende 2007, da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1965 (58 anos) Lugo, España |
Alcalde da Pobra do Brollón | |
2007 – ← David López Goyanes | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Pobra do Brollón |
Ocupación | veterinario , político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Traxectoria editar
Veterinario de profesión. É alcalde da Pobra do Brollón dende 2007, posto ó que accedeu tras o acordo do BNG e o PSdeG-PSOE nas eleccións municipais do 2007,[1] que desbancaron ao PPdeG da alcaldía do concello. En 2011 volveu ser elixido alcalde ao ser a forza máis votada, logrando tamén o apoio dun dos dous concelleiros socialistas. En 2015 a súa formación acadou a maioría absoluta, con 5 dos 9 concelleiros e en 2019 ampliouna, logrando 6 edís dos 9 da corporación[2] e mantivo a maioría absoluta nas eleccións de 2023[3] malia que houbo certa polémica cando reclamou o 6º concelleiro, pois, segundo o alcalde e o seu partido, a Xunta electora de Zona atribuíu erroneamente 113 do BNG ao PSdeG-PSOE.[4]
Notas editar
- ↑ L.Q., Xabier (1 de marzo de 2010). "José Luis Maceda: Pusimos en marcha infraestructuras olvidadas". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (16 de xuño de 2019). "Xosé Lois Maceda Vilariño, reelegido alcalde de A Pobra do Brollón". diariodelemos.es (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (29 de maio de 2023). "El BNG renueva su mayoría en A Pobra do Brollón". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024.
- ↑ Seijo, Pepe (19 de xuño de 2023). "El alcalde de A Pobra do Brollón reclama un concejal más, luego de no registrarse 113 votos al BNG". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2024.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Predecesor: David López Goyanes |
Alcalde da Pobra do Brollón 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |