José Manuel Mato Díaz
político galego
José Manuel Mato Díaz, nado en Paradela o 4 de maio de 1954, é un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1954 (70 anos) Paradela, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Alcalde de Paradela | |
1979 – 2024 – Montserrat Mulet → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Paradela |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria
editarEstudou no Seminario de Lugo. É empregado de Extensión Agraria en excedencia. Con 24 anos, chegou a ser alcalde de Paradela nas primeiras eleccións democráticas,[1] primeiro con UCD, logo con Coalición Galega e CPG e despois co PPdeG, sempre con maioría absoluta. É deputado provincial.
En xaneiro de 2024 deixou o cargo de alcalde, aínda que mantivo a acta de concelleiro, para se presentar ás eleccións de 2024 ao Parlamento de Galicia.[1]
Vida persoal
editarJosé Manuel Mato é sobriño do crego Xesús Mato Mato.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Carreira, Uxía (12 de xaneiro de 2024). "José Manuel Mato deja la alcaldía de Paradela tras 45 años: «Seguirei traballando ca mesma ilusión que cando tiña 24»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2024.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: Manuel Pallares López |
Alcalde de Paradela 1979 - 2024 |
Sucesor: Monserrat Mulet |