Inés Rey
Inés Rey García, nada na Coruña o 11 de xullo de 1982, é unha avogada e política galega militante do PSdeG. Dende o 15 de xuño de 2019 é a alcaldesa da Coruña. É a primeira muller na democracia que ostenta ese cargo.[1]
Inés Rey | |
![]() | |
15 de xuño de 2019 – actualidade | |
Precedido por | Xulio Ferreiro |
Datos persoais
| |
Nacemento | 11 de xullo de 1982 (40 anos) A Coruña, ![]() |
Partido | PSdeG-PSOE |
Profesión | Avogada e política |
Na rede
| |
![]() ![]() ![]() |
TraxectoriaEditar
É licenciada en dereito pola Universidade da Coruña, carreira na que tivo como profesor de Dereito procesal ao seu antecesor na alcaldía, Xulio Ferreiro. Exerceu de avogada na súa cidade natal e é nai de dous fillos.
Militante das Xuventudes Socialistas de Galicia[2] e do PSdeG, nas eleccións xerais de 2011 foi como número 2 da lista do partido ao Senado, por detrás do alcalde saínte Javier Losada, pero non foi escollida senadora.
En 2018 presentou a súa candidatura ás primarias do seu partido para obtar á alcaldía da Coruña, xunto con José Manuel García, Rafael Arangüena e Juan Ignacio Borrego. Na primeira volta foi a segunda candidata máis votada con 96 sufraxios, por detrás de José Manuel García que obtivo 143.[3] Así e todo, na segunda volta que se celebrou o 25 de novembro de 2018 quedou de primeira, con 215 votos fronte aos 178 do outro candidato, encabezando así a lista do PSdeG nas eleccións municipais de 2019 na súa cidade.[4]
Nas eleccións, celebradas o 26 de maio de 2019, o PSdeG foi a segunda forza máis votada no concello da Coruña con 9 concelleiros, quedando a 410 votos do PPdeG de Beatriz Mato, que foi a primeira forza tamén con 9 concelleiros.[5] Non obstante, Inés Rey foi investida alcaldesa da cidade o 15 de xuño de 2019, grazas ao apoio dos 6 concelleiros da Marea Atlántica e os 2 do BNG.[6]
NotasEditar
- ↑ A socialista Inés Rey promete ser "a alcaldesa de todos" os coruñeses con "humildade"
- ↑ "Inés Rey: «No me veo negociando, me veo gobernando y de próxima alcaldesa»".La Voz de Galicia, 27 de novembro de 2018
- ↑ "Las primarias que le cambiaron la cara al PSOE de A Coruña". La Voz de Galicia. 28 de novembro de 2011.
- ↑ "Inés Rey candidata del PSOE y José Manuel García se despide como concejal". El Ideal Gallego. 26 de novembro de 2018.
- ↑ "Elecciones municipales 2019. A Coruña". El País. Consultado o 22 de xuño de 2019.
- ↑ "La socialista Inés Rey es elegida primera alcaldesa democrática de A Coruña con una llamada al "entendimiento"". eldiario.es. 15 de xuño de 2019. Consultado o 22 de xuño de 2019.
Predecesor: Xulio Ferreiro |
Alcaldesa da Coruña 2019 – actualidade |
Sucesor: No cargo |