Xuventudes Socialistas de Galicia

organización política xuvenil galega

Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) é unha organización política xuvenil, galeguista e socialista. Aínda que é unha organización independente, relaciónase a nivel do Estado Español, e de xeito federal, coas Juventudes Socialistas de España (JSE) e son o referente na mocidade do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG).

Os tres últimos secretarios xerais das XSG, José Manuel Lage, Alfredo Rodríguez e Dolores Rodríguez reunidos co gallo dos cen anos das Juventudes Socialistas de España.

Historia e características

editar

As primeiras agrupacións locais das XSG xorden nas principais cidades galegas entre 1903 e 1904. Autodefínense coma unha organización que ten os seguintes obxectivos: a liberdade, a igualdade e a solidariedade, o galeguismo, a tolerancia, a participación, o desenvolvemento sostible, o pacifismo, o republicanismo e o federalismo.

Obxectivos

editar

Os seus obxectivos son:

  • Ser o referente da mocidade galega na loita polo socialismo, entendido este como a construción dunha sociedade de cidadáns/ás libres e iguais en dereitos, cunha economía ó servizo da sociedade na que non exista ningunha clase de explotación ou discriminación por razón de nacemento, sexo, raza, opinión ou relixión.
  • Traballar por unha sociedade democrática, libre, solidaria e tolerante.
  • Fomentar entre a mocidade galega valores e actitudes baseados nas ideas de igualdade, socialismo, galeguismo, participación social, pacifismo e desenvolvemento sostible.
  • Loitar contra todo tipo de explotación.
  • A defensa dos intereses de Galicia, da súa cultura, da súa lingua, da súa identidade nacional e da súa transformación nunha sociedade de constante progreso.
  • A plena emancipación da mocidade galega.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns de Interese

editar