Antonio Iglesias Álvarez

xornalista, musicólogo e pianista galego



Antonio Iglesias Álvarez, nado en Ourense o 1 de outubro de 1918 e finado en Madrid o 8 de outubro de 2011[1], foi un xornalista, musicólogo e pianista galego.

Infotaula de personaAntonio Iglesias Álvarez
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de outubro de 2011 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , político , pianista , musicólogo , crítico musical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMaría Antonia Iglesias Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: eb3dc492-ed8e-4962-97ca-497d654c02f7 Discogs: 4416140 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Narciso Iglesias (n. 1884), inspector de pesos e medidas. Iglesias comezou a súa carreira xornalística ao pouco de rematar a guerra civil, ao tempo que continuaba a súa formación como pianista. En 1945 conseguiu un relevante premio en España e tres anos máis tarde obtivo unha bolsa que lle permitiu estudar e realizar actuacións nos Estados Unidos de América. Nos anos cincuenta adheriuse ao establishment cultural do franquismo e obtivo a encarga de promover e dirixir o Conservatorio de Ourense, que finalmente se fundaría en 1957.

A partir dese momento esquece a vida como intérprete e céntrase no ensino da música, na promoción cultural e no xornalismo, vencellado ao xornal Informaciones e logo ao ABC. En 1966 designárono subcomisario técnico da Comisaría Nacional de Música e, coa extinción da administración franquista, foi atravesando diversos postos de asesor musical do Ministerio de Cultura ata a súa xubilación en 1983.

Como musicólogo e promotor cultural, foi un dos impulsores de certames e festivais como a Semana da Música Relixiosa de Cuenca, ou o Música en Compostela. En 1992 ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da que foi o seu secretario durante varios anos, cun discurso sobre Isaac Albéniz, respondido polo tamén musicólogo e tamén ourensán Antonio Fernández-Cid.

Obra editar

  • Carmelo Bernaola, 1982. Estudo sobre o músico Carmelo Bernaola.
  • Coro Nacional de España. 25 años (1971-1996), 1997.
  • La música en la Academia. Historia de una sección, 1974-1998, 1998.

Edicións editar

Editou a obra para piano de Enrique Granados (1985), Federico Mompou (1977), Isaac Albéniz (1987), Joaquín Turina (1989), Joaquín Rodrigo (1965), Manuel de Falla (1983) Oscar Esplá (1962), Rodolfo Halffter (1979), os estudos e os preludios para piano de Fryderyk Chopin (1987), as sonatas para piano de Joseph Haydn e mesmo a obra para violín de Manuel Quiroga (1992). Ademais fixo unha edición das obras para piano e orquestra de Esplá, Rodrigo, Rodolfo Halfftere Falla en 1994.

Tamén editou a obra escrita de varios autores musicais españois, como Conrado del Campo (1984), Joaquín Rodrigo (1999), Julio Gómez (1986), Óscar Esplá (1977) ou Joaquín Turina (1982).

Galardóns editar

Vida persoal editar

Foi o pai da xornalista galega María Antonia Iglesias.

Notas editar