Abrir o menú principal

Antonio Fernández-Cid

militar, musicólogo e xornalista musical galego

Antonio Fernández-Cid de Temes, nado en Ourense o 1 de novembro de 1916 e falecido en Bilbao o 3 de marzo de 1995[1], foi un militar, musicólogo e xornalista musical galego.

Antonio Fernández-Cid
Nacemento1 de novembro de 1916
 Ourense
Falecemento3 de marzo de 1995
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e musicólogo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo morgado dunha numerosa familia ourensá, comezou a estudar Dereito pero ao estourar a guerra civil española alistouse no exército nacionalista, onde foi ascendendo de alférez a tenente coronel de intervención. Ao rematar a guerra, e sen apartarse do exército, comeza a colaborar esporadicamente e como suplente do crítico musical do momento, no xornal ABC. Posteriormente pasa á revista Tarea e logo ao xornal orgánico do réxime franquista Arriba, onde escribe dende 1943 ata 1952. Nese ano obtén un contrato con ABC, xa como crítico musical titular, que mantén ata 1960. Nese ano pasa ao Informaciones, pero regresa en 1966 ao ABC, que xa non abandonará ata a súa morte. Ademais, tamén escribiu esporadicamente noutros xornais españois e rexionais do momento, como La Vanguardia, Mundo Hispánico, Diario Vasco, La Estafeta Literaria etcétera.

Na segunda metade do século XX tamén colaborou como xornalista musical en televisión e radio, e en 1965 obtivo o Premio Nacional de Radio. En 1980 foi escollido membro da Academia de Belas Artes de San Fernando. A súa especialidade como crítico musical era a ópera.

ObraEditar

Vida persoalEditar

Casado con Dolores Alcolea Hermosilla, tivo oito fillos. Foi soterrado en Pozuelo de Alarcón[2].

GalardónsEditar

  • Fillo predilecto de Ourense
  • Fillo adoptivo de Madrid, a título póstumo.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar