Enrique Granados

Pianista e compositor español

Enrique Granados Campiña, nado o 27 de xullo de 1867 en Lleida e finado no Canal da Mancha o 24 de marzo de 1916, foi un compositor e pianista catalán.

Infotaula de personaEnrique Granados

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pantaleón Enrique Joaquín Granados Campiña Editar o valor em Wikidata
27 de xullo de 1867 Editar o valor em Wikidata
Lleida Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1916 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteNaufraxio Editar o valor em Wikidata (Afogamento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaParís (1887–1889)
Barcelona (1872–1916)
Santa Cruz de Tenerife (1870, 1872–)
Lleida (1867–1870) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , pianista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1889 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica e Sardana Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJoan Baptista Pujol (pt) Traducir, Felip Pedrell e Charles Wilfrid de Bériot (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosFrank Marshall (pt) Traducir, Conchita Badía, Alicia de Larrocha, Rosa Sabater (pt) Traducir, Francisca Madriguera Rodon, Mercedes Moner Raguer (en) Traducir, Rosa García Ascot e Margarida Orfila Tudurí (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeAmparo Gal Lloberas (pt) Traducir (1892–) Editar o valor em Wikidata
FillosEduard Granados Gal (pt) Traducir, Víctor Granados Gal (pt) Traducir, Soledad Granados Gal (pt) Traducir, Natalia Granados Gal (pt) Traducir, Paquito Granados Gal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0334637 Spotify: 2xmzOWZeQCDksIQcLcnRrT Musicbrainz: e378c6b3-7d74-48b5-ab04-9aac0df7562c Songkick: 393928 Discogs: 392717 IMSLP: Category:Granados,_Enrique Allmusic: mn0000189898 WikiTree: Granados-125 Find a Grave: 7589072 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Era fillo dun capitán do exército, de orixe cubana. Viviu dos 3 ós 7 anos en Santa Cruz de Tenerife, onde o pai fora destinado coma gobernador militar.

Estudou piano con Joan Baptista Pujol e composición con Felipe Pedrell en Barcelona. En 1883, con 16 anos, presentouse como pianista virtuoso tocando a Sonata nº2 de Schumann.

Idade adulta editar

En 1887 viaxou a Francia, onde coñeceu a Debussy, Ravel e Saint-Saëns en París. O seu primeiro éxito como compositor foi a ópera "Maria del Carmen" (1898).

En setembro de 1909 viaxou a Galicia, actuando o día 5 no salón principal da Exposición Rexional de Santiago de Compostela, interpretando pezas de Liszt, Beethoven e Chopin. Ao día seguinte, actuou na Coruña acompañado polo violinista Juan Manén.

A súa maior obra é a suíte para piano "Goyescas" (1911), que ten unha forte influencia de Liszt e que fai referencia a algúns cadros de Goya. A súa estrea foi un grande éxito[1]. Debido a isto a ópera de París encargou a adaptación da suite a ópera. O encargo formalizouse no 1914, mais debido á guerra, a estrea en París cancelouse[1]. Posteriormente planificouse a estrea para a tempada 1914-1915 no Gran Teatro do Liceu de Barcelona, mais esta estrea tampouco se chegou a concretar[1]. Finalmente o amigo e músico Ernest Schelling promocionou a estrea no Metropolitan de Nova York, poñendo en contacto a Granados co daquela director Giulio Gatti-Cassaza[1].

Viaxe a Nova York editar

No novembro de 1915, Enrique Granados e a súa muller, Amparo Gal, zarparon no barco Montevideo dende Barcelona a Nova York. O motivo principal da viaxe era a estrea da suite Goyescas no Metropolitan Opera House desta cidade, en versión ópera[2]. Adicionalmente o compositor acudiu a diversas recepcións e realizou diversos concertos para piano e violoncello. Algún deles realizado en compañía do seu amigo Pau Casals[2]. Cabe sinalar o recital que realizou na Casa Branca o 7 de marzo diante do presidente Woodrow Wilson[2]. Tamén realizou diversas gravacións dalgunhas das súas obras e compuxo a Danza de los ojos verdes. Pensando en realizar a estrea desta obra na mesma cidade e contando coa popular bailarina Antonia Mercé, A arxentina. Finalmente a estrea realizouse o 10 de febreiro no teatro Maxine Elliot[2].

O 26 de xaneiro realizouse o ensaio xeral de Goyescas e finalmente o 28 de xaneiro de 1916 estreouse a suite no Metropolitan[2]. A recepción por parte do público americano foi pobre, e a obra foi bastante minusvalorada por parte da crítica[2]. Algúns biógrafos coma Antoni Pizà, sinalan que sendo a música impoñente e grandiosa, o libreto, porén, era moi pobre[2]. Ademais hai que ter en conta que no 1916, aínda estaba recente o recordo da guerra de Cuba de 1898 entre os Estados Unidos e España. A pesar disto a prensa catalá e española publicitou a noticia da estrea coma dun grande éxito[2].

Morte editar

O matrimonio Granados embarcou o 11 de marzo de 1916 no Amsterdam[2]. Tras unha escala en Londres, partiron cara a Barcelona no barco Sussex que foi torpedeado pola armada alemá ás 14:50 do 24 de marzo; no contexto da primeira guerra mundial, mentres atravesaban a canle da Mancha. Ámbolos dous morreron afogados nas augas da canle.

Labor pedagóxica editar

Á marxe da súa carreira concertística e compositora, Granados entregouse ó mundo da pedagoxía. En 1901 fundou a academia Granados, que de seguido acadou sona internacional. Desta escola saíron concertistas coma Anna March, Ferran Via, Frank Marshall, Juli Pous ou Baltasar Samper. Trala súa morte, a academia pasou a mans do seu fillo Eduardo e de Frank Marshall. Posteriormente, este último asumiu a plena responsabilidade, cambiando o seu nome a Academia Granados-Marshall. Dita academia segue a súa labor a día de hoxe.[3]

Obra editar

Para piano editar

  • Capricho español, 1890[4]
  • Danzas españolas, 1890
  • Valses poéticos, 1895
  • Allegro de concierto, 1903

Para voz e piano editar

  • Suite Goyescas, 1911
  • Colección de tonadillas escritas en estilo antiguo, 1910
  • Canciones amatorias, 1914-1915

Música para teatro editar

  • La miel de la Alcarria, 1895, obra de Josep Feliu i Codina
  • Blancaflor, 1899, obra de Adrià Gual
  • Petrarca, nunca chegou a estrearse, obra de Apel·les Mestres
  • Picarol, 1901, obra de Apel·les Mestres
  • Poemas de Gaziel e Liliana, 1906-1907, obra de Apel·les Mestres

Música para orquestra editar

  • Intermezzo para a Suite Goyescas
  • Poema sinfónico Dante
  • La nit del mort
  • Llegenda de la fada
  • Concerto para cello e orquestra

Música de cámara editar

  • Sonata para violín e piano
  • Sonata para violoncello e piano
  • Trío para violín, cello e piano
  • Cuarteto para cordas
  • Quinteto para piano e cordas

Óperas editar

Arranxos e instrumentacións editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Martí i Fabra, Jordi (Abril-Maio 2016). "Granados i Vilassar, a l'ombra dels tarongers". 440 Clàssica & Jazz (29). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 J.M.F. (Abril-Maio 2016). "Granados i Nova York. Aventura Final". 440Clàssica & Jazz (en cat) (29): 34–37. 
  3. "Web da Academia Granados-Marshall". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Pérez Treviño, Oriol (Abril-Maio 2016). "Desconegut i polièdric". 440 Clássica & Jazz (29). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar