María Antonia Iglesias

xornalista galega

María Antonia Iglesias González, nada en Ourense o 15 de xaneiro de 1945 e finada en Panxón (Nigrán) o 29 de xullo de 2014, foi unha xornalista galega.

María Antonia Iglesias
Nome completoMaría Antonia Iglesias González
Nacemento15 de xaneiro de 1945
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento29 de xullo de 2014
Lugar de falecementoPanxón
Causacardiopatía e insuficiência renal crónica
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo español
Alma máterEscuela Oficial de Periodismo
Ocupaciónxornalista e escritora
PaiAntonio Iglesias
Na rede
IMDB: nm1985567 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa traxectoria profesional en prensa escrita, colaborando no xornal Informaciones. Despois seguirían outras publicacións como as revistas Triunfo, Tiempo e Interviú.

En 1984 ingresou en Televisión Española, e integrouse no elenco dos servizos informativos. A partir dese momento colaborou como reporteira no espazo Informe semanal, do que finalmente sería nomeada directora en 1989.

Un ano máis tarde foi nomeada directora dos servizos informativos de TVE, cargo no que permaneceu ata maio de 1996, sendo relevada por Ernesto Sáenz de Buruaga.

Colaborou dende entón no xornal El País, onde publicou numerosas entrevistas aos principais líderes políticos, e participou como analista en diversos faladoiros de actualidade, tanto en radio - Hoy por hoy da Cadena SER; La Brújula (2002), de Onda Cero; Protagonistas (2004-2006) de Punto Radio -, como en televisión: Día a día (1996-2004), en Telecinco; Cada día (2004-2005) e Lo que inTeresa (2006), en Antena 3; Las Mañanas de Cuatro (2006-2008), en Cuatro e Madrid opina (2006-2007) en Telemadrid.

Libros publicados editar

  • Ermua, cuatro días de julio (1997), sobre o asasinato de Miguel Ángel Blanco.
  • Aquella España dulce y amarga / Carmen Sevilla e Paco Rabal (1999).
  • La memoria recuperada (2003), sobre os anos de Goberno de Felipe González.
  • Maestros de la República. Los otros santos, los otros mártires (2006).
  • Cuerpo a cuerpo. Cómo son y cómo piensan los políticos españoles (2007), recompilatorio de entrevistas realizadas pola autora.

Vida persoal editar

Era filla do musicólogo Antonio Iglesias Álvarez.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar