Pablo José Taboada Camoira

político galego

Pablo José Taboada Camoira, nado o 19 de setembro de 1971, é un político galego do PPdeG.

Modelo:BiografíaPablo José Taboada Camoira
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Alcalde de Palas de Rei
2011 –
← Fernando Pensado Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou Empresariais na Universidade da Coruña. É funcionario do concello de Palas de Rei dende 1995 onde foi policía municipal. Foi primeiro tenente de alcalde en Palas de Rei polo PPdeG a partir de 2007.[1] Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Palas de Rei e foi elixido alcalde con maioría absoluta, ó igual que nas seguintes eleccións de 2015.[2]

En xullo de 2017 foi condenado, xunto co seu precedesor Fernando Pensado, a 15 meses de prisión e a 9 anos de inhabilitación por acoso acoso laboral á anterior secretaria municipal tras haber denunciado esta o caso en 2011.[3] Tras presentar un recurso ante o Tribunal Supremo, en xaneiro de 2019 a condena foi revogada,[4] polo que puido concorrer de novo como candidato do PPdeG nas municipais dese mesmo ano e volveu a ser reelixido alcalde por maioría absoluta.[5] Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2023 foi novamente reelixido por maioría absoluta.


Predecesor:
Fernando Pensado
  
Alcalde de Palas de Rei
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  1. "Louzán repesca como candidata en Mos a la alcaldesa tránsfuga", artigo en El País, 5 de maio de 2011 (en castelán).
  2. "PABLO TABOADA ELEXIDO ALCALDE DE PALAS DE REI". concellopalasderei.es. Consultado o 14-9-2019. 
  3. E.G.S. (2017-07-20). "El alcalde de Palas de Rei, inhabilitado por 9 años y condenado a 15 meses de prisión por el caso de la secretaria municipal". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-12-20. 
  4. Lois, Elisa (2019-01-10). "El Supremo revoca la condena por acoso del alcalde de Palas de Rei a la secretaria municipal". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-20. 
  5. "Saúdo do Alcalde". concellopalasderei.es. Consultado o 14-9-2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar