Juan Alonso Tembrás
político español
Juan Alonso Tembrás é un político galego do Partido Popular, que dende o 2014 é alcalde das Somozas. Ademais preside a UD Somozas, club de fútbol da Terceira División RFEF.
Juan Alonso Tembrás | |
---|---|
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Prexubilado de Endesa, accedeu á corporación municipal das Somozas tras as eleccións municipais de 1991, na lista do Partido Popular. Durante máis de vinte anos foi reelixido no seu cargo como concelleiro, ata que chegou a ser primeiro tenente de alcalde. En 2014 accedeu á alcaldía logo do falecemento do seu antecesor, Manuel Candocia. Nas municipais de 2015 foi o candidato do PPdeG e foi elixido alcalde ao obter todos os concelleiros.[1] Sucedeu tamén a Candocia na presidencia da UD Somozas.[2]
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía.[3]
Predecesor: Manuel Candocia |
Alcalde das Somozas 2014 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
NotasEditar
- ↑ El popular Juan Alonso, alcalde de As Somozas
- ↑ Valencia, José (19 de abril de 2015). "«Estamos orgullosos del Somozas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ Concello das Somozas na FEGAMP