María Barral Varela

política galega

María Barral Varela, nada en Betanzos en 1973, é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Modelo:BiografíaMaría Barral Varela
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Betanzos, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Betanzos
2018 –
← Ramón García Vázquez Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciada en matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi número 8 do PSdeG-PSOE en Betanzos nas municipais de 2003, se ben nun primeiro momento non foi elixida, ata que en xaneiro de 2004 tomou posesión e dende entón ocupou diversos cargos políticos no concello de Betanzos.[1] Nun primeiro momento asumiu as áreas de servizos sociais, emigración e turismo ata as municipais de 2007, tralas cales pasou á oposición. Nas municipais de 2011 o PSdeG-PSOE recupera a alcaldía da man de Ramón García Vázquez, pasando a ocupala primeira tenencia de alcaldía e as áreas de servizos sociais, sanidade e turismo. Nas municipais de 2015 os socialistas revalidaron a alcaldía e mantívose á fronte das súas responsabilidades. Durante este tempo compaxinou o seu traballo no concello co de mestra nunha academia.

Trala dimisión de Ramón García Vázquez en xullo de 2018, pasou a ser alcaldesa de Betanzos tomando posesión o día 6 de agosto. Nas eleccións municipais de 2019 revalidou a alcaldía con maioría absoluta,[2] sendo a primeira vez dende 1999 que os socialistas a lograban en Betanzos. Nas eleccións de 2023, malia quedar en segunda posición tras o PP, renovou a alcaldía mediante un pacto co BNG.[3][4]


Predecesor:
Ramón García Vázquez
  
Alcaldesa de Betanzos
 
2018 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  1. "Barral Varela perfílase como alcaldesa tras 20 anos como concelleira". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2018. 
  2. Concello de Betanzos na FEGAMP
  3. Redacción (17 de xuño de 2023). "Estos son los alcaldes y alcaldesas de A Coruña y su área". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2023. 
  4. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de setembro de 2023.