Margarita Lamela Louzán

avogada e política galega

Margarita Lamela Louzán, nada en Cee en 1970, é unha política e avogada galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaMargarita Lamela Louzán
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Cee, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Cee
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiManuel Lamela Lestón Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cee, pasando de 1 a 2 concelleiros e formando parte da oposición ó goberno de Ramón Vigo. Nas municipais de 2019 volveu se-la candidata do PSdeG-PSOE e nesta ocasión foi elixida alcaldesa ó encabeza-la lista máis votada, pasando 2 a 4 concelleiros e gobernando en minoría.

Dende febreiro de 2022 ocupa unha das vicesecretarías da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG.

Nas eleccións municipais de 2023 volveu ser a candidata do PSdeG-PSOE e conseguiu revalida-la alcaldía con maioría absoluta, pasando de 4 a 7 concelleiros.

Vida persoal

editar

É filla do anterior alcalde socialista Manuel Lamela Lestón.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Ramón Vigo Sambade
  
Alcaldesa de Cee
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo