Usuario:O Breixo/Cronoloxía de Galicia

Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na península ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a Historia de Galicia.


Esquema de Cores
Eras / Idades / Séculos
Entidade territorial - Entidade gobernamental
Guerra / Conflito militar (data do inicio – data da fin)
Acontecemento Cultural / Corrente / Movemento
Acontecemento Medioambiental / Ecolóxico / Sanitario

Prehistoria editar

Artigo principal: Prehistoria en Galicia.
Data aproximada Acontecemento
Paleolítico
-420.000 – -347.000 Xacemento de Porto Maior (As Neves), cultura acheulense.[1][2]
-300.000 Xacemento de Louselas ou Vilaselán (Ribadeo),[3] cultura acheulense.
-200.000 Glaciación rissiense.
Xacemento das Gándaras de Budiño (O Porriño),[4] cultura acheulense e musteriense.
-120.000 Xacemento de Cabrón de Arbo (Arbo).[5]
-80.000 A glaciación würmiense comezou a afectar á península.[6]
-34.000 Cova da Valiña (Castroverde),[7] cultura musteriense.
-24.000 Xacemento da Cova Eirós (Triacastela), atopouse a primeira manifestación artística: un colgante feito dun canino dun pequeno carnívoro.[8][9]
-17.000 Xacemento de Férvedes II, atopouse un colgante pétreo de forma amigdaloide.[6]
Atopouse o fósil máis antigo coñecido: covas de Valdavara (Becerreá), xunto a ferramentas e adornos.[10][11]
-14.000 Xacemento de Pena Grande (Bordelle).[12]
Mesolítico
-10.000 Xacemento do Prado do Inferno (Muras).
-8.000 Retirouse o xeo e o clima fíxose cálido e húmido, espallamento dos carballos, bidueiros, abeleiras, castiñeiros, olmos, etc.[6]
-7.300 Restos humanos e animais: Cova do Uro, na serra do Courel.[13][14]
Neolítico
-6.000 Xacemento de Xestido (Abadín).[14]
-5.700 Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo).[14]
-5.000 – -3.000 Comezou a propagarse o megalitismo e o fenómeno tumulario galego.
-5.000 – -4.500 Xacemento en Arteixo.[14]
-4.350 – -4.240 Construíuse a mámoa máis antiga coñecida: A Chousa Nova.[15]
-4.000 Segundo os estudos de Bryan Sykes habitantes do noroeste peninsular migraron cara as Illas británicas. Este acontecemento puido quedar refrexado no Lebor Gabála Érenn.[16]
-3.800 Construíuse o dolmen de Dombate.
-3.000 Comezaron a facerse unha grande cantidade de petróglifos, grupo galaico de arte rupestre.
Idade de Bronce
-2.000 Comezou o uso da metalurxia, cultura do vaso campaniforme.[17]
-1.800 Comezou o uso das cistas rectangulares con lousas decoradas no noroeste.[6]
-1.200-600 Aparición de machados de tope, puntas de lanza de grande tamaño e espadas pistiliformes.[6]
-900 Emerxe a primeira fase da cultura castrexa.
-700 Castro de Torroso, Mos.
Espadas de lingua de carpa.[6]
-600 Castro de Castromao, Celanova.
-500 Segunda fase da cultura castrexa.
Comezou a chegada da cultura de Hallstatt á península.
Saunas castrexas.
-400-300 Estatuas de guerreiros galaicos.

Antes da Era Común editar

Ano Data Acontecemento
Século -III
-242-230 Segundo Silicius, mercenarios galaicos loitaron no exército de Aníbal contra as lexións romanas.
-219 Mercenarios galaicos puideron colaborar con Aníbal no cerco de Sagunto e tamén na fracasada expedición contra Roma polos Alpes.[Cómpre referencia]
Conquista romana da península Ibérica (-218-19)
Século -II
Comezou a terceira fase da cultura castrexa, aumento dos núcleos poboacionais.
Comezou a chegar cerámica campaniense procendente de Italia.[6]
-197 Gaius Sempronius Tuditanus e M. Helvius dividen a península en Hispania Ulterior e Hispania Citerior, pero so recollían a costa mediterránea da península.
Guerras celtiberas (-181-133)
Guerras lusitanas (-155-139)
-155 Comezaron as guerras lusitanas entre romanos e lusitanos, os galaicos axudan a Viriato contra Roma.
-141 Fabius Servilianus foi derrotado ante Viriato.
-139 Expedición de Quinto Servilio Cepión contra Viriato, devastando os campos dos galaicos.
Décimo Xunio Bruto recibe o encargo de pacificar a terra dos galaicos, polo que a partir de entón será chamado "Callaecus".[18]
-138 Expedición de Décimo, dende o Texo á desembocadura do Douro.
-137 9 de xuño Aconteceu a batalla do Douro, contra lusitanos e galaicos, narrada por Apiano e Orosio.
Décimo continúa subindo, cruza o río Limia (Lethes, Oblivionis flumen ou río do Esquecemento) e chega ata as beiras do Miño.
Século -I
Primeiros asentamentos que revelan a convivencia entre galaicos e romanos.[19]
-96-94 Expedición comercial de Publio Licinio Craso, atopou as minas de estaño e o ouro.[20] E comenta acerca do carácter pacífico dos galaicos.[6]
-82 A loita retomouse en Lusitania, con Quinto Sertorio ao mando.
-74 Marco Perperna Veiento conseguiu chegar ao río Limia, no marco da campaña de reclutamento emprendida por Quinto Sertorio entre celtiberos, lusitanos e galaicos.
-73 Quinto Sertorio continuou a campaña entre o Douro e o Miño.[6]
-62 Ponte de Bermaña en Aquae Celenae (Caldas de Reis)
Lusitania - República Romana
-61-60 Expedición de Xulio César, coa axuda dos barcos da familia dos Balbos de Gadir, pola costa galaica ata Brigantium, interesado polos xacementos auríferos acabou por conquistar o territorio galaico.
Guerras cántabras (-29-19)
-29-19 Comezaron as Guerras cántabras, nas que o territorio galaico foi unha base de operacións para Roma.[6]
Segundo Estrabón o Imperio Romano logra o control completo sobre os pobos galaicos, chamándolle ao territorio Gallaecia.[Cómpre referencia]
Lusitania - Imperio Romano
-27 16 de xaneiro Caio Xulio César Octaviano recibe o título de Augusto polo Senado romano, o que marca o inicio do Imperio Romano.
-22 Aconteceu a batalla do Monte Medulio, entre cántabros, ástures e galaicos insurrectos contra as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio.
-19 As Aras sestianas foron mandadas construír polo xeneral romano Lucio Sestio Quirinalo Albaniano. Nelas conmemorábanse as vitorias das lexións romanas nas últimas campañas das guerras galaico-cántabro-ástures.
Tarraconense - Imperio Romano
-16-13 A división de Augusto, reestructurou as provincias pasando Gallaeciae e Asturiae a pertencer a Tarraconense, provincia que reservou para él en calidade imperial polos xacementos auríferos.
-15 Termas romanas de Lugo
-15-13 Paulo Fabio Máximo, legado do emperador Octavio Augusto, funda a cidade de Lucus Augusti.[21]

Era Común editar

Ano Data Acontecemento
Século I
Latinización e Romanización de Galicia
Modificación na estrutura social e económica. Os castros comezaron a abandonarse en favor das villae, aínda que outros continúan a ser habitados, mais moi influenciados pola cultura romana. Entre os castros que continúan ata fins do Imperio atópanse o de Fazouro ou o de Viladonga.
28 Tabula hospitalis do Courel.
c.40 Comezou a chegar cerámica producida no sur da Galia.[6]
c.50 Anconteceu o incendio do Castro de Lameán de Arriba, en Ribadumia.[22]
c.50100 Comezou a chegar cerámica de sigillata hispanica producidos na Rioxa, na Bética ou na Lusitania.[6]
74 Vespasiano concedeu a cidadanía latina (ius Latii) a toda a península.
75100 Comezou a construción do campamento Aquis Querquennis nos Baños, Bande.
7980 Comezou a construción da Vía Nova , calzada romana destinada a unir Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo).
Comezou a construción da Ponte Maior de Ourense, ponte co maior arco de luz de todo o Imperio Romano.[20]
Comezou a construción da Ponte Vella de Lugo.
98117 Comezou a construción da Torre de Hércules.
Século II
Reformas da época Flavia, incremento das cidades, acompañadas do apelativo "Flavia", como Iria Flavia (Padrón) ou Aqua Flavia (Chaves). Así como os "forum" ou lugares feirais, como Forum Limicorum (Limia), Forum Bibalorum (Verín), Forum Gigurrorum (A Rúa), etc.[6]
Abandonáronse xeralizadamente os castros.[6]
Itinerario de Antonino.
115 Comezou a construción da Ponte do Bibei.
134 Miliario de Hadriano da Ponte romana do Burgo.[23]
Século III
Comezou unha crise que xenera inseguridade, as cidades fortificáronse e moitos castros, previamente desocupados, volven ser ocupados.[6]
Nova Citerior Antoniniana - Imperio Romano
212 O emperador Caracalla creou unha nova provincia que correspondía coa área galaica diferenciándoa administrativamente do resto da Tarraconense, tamén outorgou a cidadanía romana a todo o Imperio.[6]
c.265310 Comezou a construirse a Muralla de Lugo, con 85 ou 86 torres e 4 ou 5 portas, inducida polo temor ás grandes bandas de saqueadores bagaudas.
Gallaecia - Imperio Romano
298 A división de Diocleciano dividiu Hispania en sete provincias, de forma que Gallaecia pasa a ter unha administración propia con capital en Lucus Augusti.
Século IV
Contruiuse o templo de Santalla de Bóveda.
Comezou a chegar o Cristianismo, a través do exército lexionario e África do Norte.[6]
c.320330 No Sartego de Temes (Carballedo) inscribiuse a lenda "Fides, spes, caritas" (Fe, esperanza, caridade), a inscrición cristiá máis antiga coñecida en Galicia.[24]
379 Teodosio I, que puido ter nacido en Cauca, Gallaecia, é coroado emperador de Roma.
381 Exeria, unha monxa da Gallaecia, comezou o que sería coñecido como Itinerario de Exeria.
383 Magno Máximo, que puido ter nacido en Gallaecia ou na Tarraconense é coroado emperador de Roma.
385 Prisciliano foi condenado como herexe, pero deixou unha fonda pegada en Gallaecia que durou varios séculos.

Século V editar

Ano Data Acontecemento
Galliciense RegnumReino Suevo de Galicia
409 Penetraron na península os vándalos, os alanos e os suevos.
c.410425 Fíxose o Crismón de Quiroga, unha das primeiras manifestacións artísticas conservadas do cristianismo en Galicia.
411 Hermerico pactou un foedus co emperador Honorio e estableceuse formalmente na provincia de Gallaecia, que pasa a ter rango de reino con capital en Braga. Converteríanse así no primeiro regnum independente do Imperio Romano de Occidente.[25]
416418 Os visigodos liderados por Walia declararon a guerra a Hermerico en nome de Roma, esperando obter un foedus, ata que Honorio lles concede Aquitania.
Guerra suevo-vándala (419420)
419 Batalla dos montes Nervasos entre suevos e romanos contra vándalos e alanos.
430 Hermerico comezou a atacar as poboacións e fortalezas dos nativos galaico-romanos para conseguir o control completo da Gallaecia.
438 Hermerico abdica da coroa, cedéndolla ao seu fillo Requila.
Requila dirixe unha campaña expansionista pola Lusitania e parte da Bética.
441 Requila continúa polo resto da Bética e parte da Cartaxinense.
445 Os vándalos, despois de ter conseguido a frota de Cartago, intentaron unha incursión en Turonio, preto de Ponte Caldeas pero foi rexeitada.
446 Requila venceu a Vito, magister militum romano, e as súas tropas auxiliares visigodas, consolidando o territorio.
448 Morreu Requila en Augusta Emerita, o seu fillo Requiario herdou o trono.
449 O rei suevo Requiario converte o reino ao catolicismo converténdose no primeiro rei xermánico en facelo, ademais de ser o primeiro en cuñar moeda propia, chamada siliqua.
Requiario casa coa filla do rei visigodo Teodorico I en Tolosa co obxectivo de manter a paz cos visigodos. Indo saqueou o territorios dos vascóns e algunhas rexións romanas.
450 Ao regresar de Tolosa Requiario invadiu as zonas de Caesar Augusta e Ilerda, aprobeitando o xurdimento dun novo movemento bagaúdico no val do Ebro.
453 Aecio, dux da Galia, enviou unha embaixada pedindo aos suevos un tratado de paz que estipulaba a devolución ao Imperio da rexións conquistadas da Cartaxinense ao que Requiario aceptou.
455 Proclamouse en Roma a Avito como emperador, pero non foi recoñecido por Requiario que volve invadir e conquistar a Cartaxinense.
Primeira guerra suevo-visigoda (456)
456 Avito, que atopou apoio no fillo de Teodorico I Teodorico II, enviou embaixadas para que os suevos abandonasen a Cartaxinense, pero non só son rexeitadas por Requiario se non que este comeza unha incursión a Tarraconense da que trouxo moitos cativos á Gallaecia.
Ante a clara negativa de Requiario Teodorico II dirixe o seu exército, co beneplácito do emperador Avito, á península. Contaba co apoio de tropas auxiliares burgundias, co rei Gundioco á fronte, coas que comeza unha gran campaña contra os suevos.
5 de outubro Ten lugar a batalla do río Órbigo, onde unha coalición de romanos, visigodos e francos derrota aos suevos acabando coa vida do rei Requiario.
outubro As tropas de Maioriano e Ricimer, van a busca de Avito á Roma onde acaban coa súa vida. Ricimer estableceu a Maioriano como novo emperador.
decembro Requiario repregouse a Bracara e logo a Portus Cale, de onde intentou fuxir en barco a Roma, onde tiña ao seu irmán Ricimer. Non obstante, unha tempestade fíxolle volver a terra, onde foi apresado polos visigodos e decapitado.
Guerra civil sueva (456463)
456 Trala morte de Requiario Teodorico II pon en Emerita a Aguiúlfo como gobernador, para defenderse das posibles invasións suevas mentres Teodorico marcha cara ao norte para protexer o reino visigodo do novo emperador Maioriano imposto por Ricimer, fillo de Requila.
Os suevos do norte, suponse que o Conventus Lucensis, proclamaron a Frantán como rei.
457 Os araucóns comezaron a xerar señoríos independentes, ata conseguir unha independencia efectiva dos suevos.
Aguiúlfo, quizais pola ausencia de Teodorico, deserta e únese aos suevos do sur do reino, subindo dende Emerita ata Porto, esperando ser o seu rei.
xuño Unha parte dos suevos do sur proclaman rei a Maldras, fillo de Massila, provocando unha revolta contra Aguiúlfo. Durante o conflito Aguiúlfo é asasinado no castro do Porto probablemente a mans do mesmo Maldras.
Maldras comezou unha invasión sobre Lusitania.
459
463 Remismundo logrou impoñerse sobre os seus opositores e coróase rei.

Século VI editar

Ano Data Acontecemento
538 29 de xuño O papa Vixilio escribiu unha carta ao bispo Profuturo II de Braga, regulando as actividades relixiosas no tocante ao arianismo e ao priscilianismo.
Peste de Xustiniano
543 A peste de Xustiniano chega á península ibérica.
550 Carriarico, rei suevo de Gallaecia, converteuse ao catolicismo.
561 Celebrouse o Primeiro Concilio de Braga durante o reinado de Teodomiro
559 Conversión ao catolicismo de Teodomiro.
572 Miro loitou contra os runcóns, ben para reincorporar o territorio ou ben para evitar que fosen subxugados polos visigodos.
Celebrouse o Segundo Concilio de Braga, auspiciado polo rei Miro.
572589 Escribiuse o Parochiale suevorum.
a. de 573 Fundouse o mosteiro de San Pedro de Rocas.
Segunda guerra suevo-visigoda (580585)
583 Fracasou a alianza que o rei Miro mantiña con francos e bizantinos para intervir na guerra civil visigoda.
Galliciense RegnumReino Visigodo de Toledo
585 O rei visigodo Leovixildo depón ao rei suevo Andeca, facéndose deste xeito co reino. Fin da monarquía sueva.
586 Leovixildo morreu en Toledo e sucedeuno o seu fillo Recaredo.
587 Celebrouse o Terceiro Concilio de Toledo, ao que asistiron bispos de Gallaecia, Hispania e Septimania.
589 Revolta do duque Arxemundo.

Século VII editar

Ano Data Acontecemento
601 Liuva II sucedeu ao seu pai Recaredo.
603 Viterico penetrou no palacio e depuxo a Liuva II, e no verán mandouno executar.
610 abril Unha conxura de nobres e próximos ao clero católico, asasinou a Viterico durante un banquete. Aclamaron como rei a Gundemaro, probablemente dux da Narbonense.
612 Gundemaro morreu por causas naturais en Toledo, sucendeuno Sisebuto.
621 febreiro Sisebuto morreu probablemente envelenado, herdando o seu fillo Recaredo II.
Recaredo II morreu probablemente asasinado. Subiu ao trono Suintila.
631 Ante a tentativa de Suintila de trocar a sucesión electiva visigoda pola hereditaria, Sisenando, gobernador da Septimania, organizou unha conxura que puxo fin ao reinado de Suintila.
633 No IV Concilio de Toledo Suintila foi excomulgado e Sisenando foi lexitimado como rei, fixando a sucesión electiva.
636 Sisenando morreu en Toledo sucedéndolle Chintila.
639 Chintila morreu de morte natural sucedéndolle, o seu fillo, Tulga.
646 18 de novembro Oito bispos de Gallaecia, entre eles Sonna de Bretoña, asistiron ao Sétimo Concilio de Toledo, onde se lles aplicaron restriccións. Neste concilio, Froitoso, daquela bispo de Dume, foi nomeado arcebispo de Braga.
665 16 de abril Morreu o bispo Foitoso en Braga.
675 Celebrouse o Terceiro Concilio de Braga, baixo o reinado de Vamba.
c.680 Construíuse a igrexa de Santa Comba de Bande.
698 O príncipe visigodo Vitiza gobernou Gallaecia con atribución reais, dende a súa corte en Tui.

Século VIII editar

Ano Data Acontecemento
Invasión musulmá da penínusla ibérica (711720)
711 Desembarca en Tarifa un continxente militar musulmán en apoio dos fillos de Vitiza.
Rodrigo foi derrotado na batalla de Guadalete, acabando coa súa vida.
714 Musa ibn Nusayr chegou a Lugo, pero un enviado califal obrigoulle a regresar.[26] A aparición do semi-dinar de Musa pode significar que houbo algún tipo de comercio ou trato económico.[27]
718 A nobreza elixe a Paio, fillo de Fávila dux de Gallaecia, como princeps. Estableceu a súa corte en Cangas de Onís reunindo opositores ao dominio musulmán, astures, galegos, cántabros e vascos.
Paio venceu a Al Qama na batalla de Covadonga, aínda que foi unha vitoria menor seguramente tivo un éxito moral entre a poboación cristiá.
720 Narbona caeu en mans musulmás, provocando a caída de Septimania e da monarquía visigoda.
Galliciense Regnum – Reis cristiáns de Gallaecia
Reconquista cristiá da península ibérica (7221492)
734 Incursión en Galicia
737 Morreu Paio e herdou o título de princeps o seu fillo Fávila.
739 Morreu Fávila herdando o marido da súa irmá Ermesenda, Afonso I.
743 A crónica de Ajbar Machmua fala da "reconquista de Galicia polos cristiáns".
774 Silo venceu na batalla de Montecubeiro a unhas tropas rebeldes galegas.
776786 Beato de Liébana nos seus manuscritos dá o nome de Gallaecia aos dominios dos dirixentes astur-galaicos.
Invasión de Hixam I (791796)
791 O emir Hixam I envía unha aceifa contra Galicia, saqueando o interior.
Vermudo I foi derrotado na batalla do río Burbia no Bierzo.
14 de setembro Ante a derrota, Vermudo I abdicou en favor de Afonso II.
Afonso II fixou a capital do reino na cidade de Oviedo.
792
794 Afonso II venceu aos musulmáns na batalla de Lutos na rexión asturiana.
Bispos galegos acudiron ao sínodo relixioso celebrado en Frankfurt.
795 Oviedo foi saqueada polos musulmáns.
Afonso II foi derrotado na batalla das Babias en Astorga.
798 Afonso II decidiu asegurar Galicia, refundou Porto e chegou a Lisboa, onde fixo cativos.

Galería de imaxes do século VIII editar

Século IX editar

Ano Data Acontecemento
Invasión de Al-Hakam I (801816)
801/806 Afonso II foi apartado do trono temporalmente por un grupo de nobres galegos. Pero un cabaleiro fiel a Afonso II chamado Teudano restaurou o seu posto no trono.
812 Descuberta na diocese de Iria do sepulcro do Apóstolo Santiago.
Primeira invasión de Abd al-Rahman II (823826)
825 Aconteceu a batalla de Pedrafita, onde morre o comandante Al-Abdas.
Aconteceu a batalla de Narón.
Afonso II venceu a Mallik al Qaisí na batalla de Anceo en Ponte Caldelas.
Segunda invasión de Abd al-Rahman II (838841)
838 Al-Walid, irmán de Abd ar-Rahman II dirixiu un exército para atacar Galicia.
842 20 de marzo Morreu Afonso II sen cónxuxe nin fillos, deixando a Ramiro I como herdeiro ao trono.
Ante a ausencia de Ramiro I, o nobre palatino Nepociano, alegando que no leito de morte Afonso II o declarara como sucesor e co apoio da nobreza asturiana e vasca, coroouse no trono de Oviedo.
Ramiro I, que foi buscar o apoio da nobreza galega, xuntou un exército en Lugo e derrotou na batalla da Ponte de Corniana a Nepociano.
843 xaneiro Ramiro I foi coroado en Lugo.
Primeira incursión viquinga (844858)
844 1 de agosto Ramiro I repeleu unha incursión viquinga, despois de estes chegar ao Farum Brecantium.
850 1 de febreiro Ramiro I morreu en Oviedo, sucedeu o seu fillo Ordoño I.
858 Os viquingos, posiblemente dirixidos por Hastein e Björn Ragnarsson, atacaron as rías Altas e pola ría de Arousa chegaron á sede episcopal de Iria Flavia, que saquearon.
O conde Pedro derrotou aos viquingos, destruíndolles parte dos barcos. Os superviventes dirixíronse cara Al-Andalus.
Ordoño I solicitou ao Papa Nicolao I que permitise trasladar a capital da sé iriense a Compostela.
c.860 Vímara Pérez foi responsable da repoboación entre o Miño e o Douro. Formouse así o Condado de Portucale.
866 Froila Xemúndiz, conde en Lugo, rebelouse contra o novo rei, proclamándose así rei de Galicia, atacou Oviedo e obrigou o rei a retirarse a Áraba.
Froila Xemúndiz foi asasinado polos partidarios de Afonso III.
868 Vímara Pérez conquistou Portus Cale (Porto) ao emirato, despois Afonso II nomeouno conde de Portucale.
878 Hermenexildo Gotérrez, conde de Tui, defendeu Porto dun ataque do emirato e conquistou Coímbra.
c.880 Hermenexildo Gotérrez repoboou Coímbra, así como as veciñas Braga, Viseu e Lamego.
894 Hermenexildo Gotérrez acabou coa rebelión do duque de Galicia, Vitiza.
895 Outorgóuselle a Hermenexildo Gotérrez o título de duque de Galicia.

Século X editar

Ano Data Acontecemento
Afonso III ordena a reconstrución do Castellum Honesti en Catoira. O castelo converteríase nun dos máis importantes de Europa, e deste consérvanse só, parte de dúas das grandes torres, as Torres de Oeste.
Prodúcense numerosos ataques normandos en Galicia remontando a ría de Arousa.
a. de 910 García intenta derrocar ao seu pai Afonso III apoiado pola raíña Ximena. Opostos a esta tentativa mostráronse Hermenexildo Gotérrez e a nobreza galega.
910 20 de decembro Afonso III morreu na cidade de Zamora e foi sucedido polo seu fillo García que se coroa rei, e instala definitivamente a corte do reino na cidade de León.
O reino dividese entre 3 irmáns, Ordoño II reinará en Galicia e Froilán II en Asturias, ambos subordinados a García I de León.
Segunda incursión viquinga (951970)
951 Os viquingos invaden Galicia.
956 Trala morte de Ordoño III o reino viuse envolto nunha crise sucesoria entre Sancho I e Ordoño IV.
964 Rosendo de Celanova rexeitou unha incursión dos mouros que cruzaran o Mondego e chegaran ao Miño.
966 Gonzalo Menendiz asasinou cunha mazá envelenada a Sancho I.
968 Gunrod, con 100 naves viquingas, dirixiuse cara Galicia, asentouse co seu exército preto de 3 anos matando e saqueando.
29 de marzo Sisnando II Menendiz morreu contra os viquingos de Gunrod na batalla de Fornelos.
970 Gonzalo Sánchez, enviado por Rosendo, venceu aos viquingos na ría de Ferrol, deu morte a Gunrod e queimou as súas naves.
c.970 Gonzalo Menendiz venceu a Rodrigo Velázquez na batalla de Aguioncha.
Invasión de Almanzor (9771002)
987 Almanzor, xeral do califato, saqueou a cidade de Coímbra.
997 10 de agosto Almanzor saqueou a cidade de Compostela.
c.999 Menendo II Gundisalviz, duque de Galicia, encargouse trala morte de Vermudo II da rexencia do reino e da titoría do futuro Afonso V.

Século XI editar

Ano Data Acontecemento
1002 Menendo II Gundisalviz, rechazou un ataque do fillo de Almanzor, Abd al-Malik.
Terceiras incursións viquingas (10151066)
1014 Ataque normando remontando o río Miño. Arrasaron Tui e secuestraron ó bispo Afonso. Proseguiron o seu camiño romontando o río ata Ourense e Ribas de Sil o cal tivo graves consecuencias para a comarca. A partir deste ataque Tui deixou de ser un centro comercial na contorna do porto fluvial para agruparse defensivamente nun outeiro a carón da nova catedral.[28]
1024 29 de outubro Afonso V doa a Vistruario, bispo de Iria, as Torres de Oeste.
1027 Afonso V morreu dun frechazo durante o asedio a Viseu.
1037 Vermudo III morreu de Galicia na batalla de Tamarón, contra casteláns e navarros.
1050 Menendo III Nuniz conseguiu o título de dux de Galicia xunto a Velasco Almeiuz.
1064 As tropas de Fernando I volveron conquistar Coímbra.
1065 García II herda o Reino de Galicia, xunto co condado Portucalense e a protección e parias das taifas de Badaxoz e Sevilla. León recibiuno Afonso VI e Castela Sancho II.
1068 Afonso VI intentou facerse co control tributario da taifa de Badaxoz, pero sen éxito, volvendo a recaer na influencia de García II.
1071 17 de febreiro18 de xaneiro García II venceu a Nuno II Menendiz na batalla de Pedroso.
García II foi apreixoado por Sancho II, quen, despois de exiliar a García II, proclamouse Rei de Castela e Galicia.
García II veuse obrigado a se exiliar debido á entrada en Galicia do seu irmán Afonso VI, coaligado co outro irmán, Sancho II.
García II despois da morte de Sancho II, volveu do exilio, pero é enganado por Afonso VI, que o encerrou no castelo de Luna, Babia.
1075 Afonso VI e o bispo Diego Páez iniciaron as obras da catedral románica de Santiago de Compostela.
1085 O conde Rodrigo Ovéquiz encabezou unha rebelión contra Afonso VI respaldado polo bispo de Santiago Diego Páez, buscou o apoio de Guillerme I de Inglaterra co obxectivo de liberar o rei García e casalo cunha das fillas de Guillerme.
1088 A rebelión foi finalmente sufocada e Rodrigo enviado ao exilio e os seus bens adxudicados á catedral de Lugo.
Diego Páez foi destituído, parándose as obras da catedral por algún tempo
1088 Concilio de Husillos, onde se depuxo a Rodrigo Ovéquiz.
1093 As obras da catedral de Santiago volveron reanudarse da man de Diego Xelmírez, o novo bispo Dalmacio e de Raimundo de Borgoña.

Galería de imaxes do século XI editar

Século XII editar

Ano Data Acontecemento
Contruiuse o Castelo de Soutomaior.
1105 Afonso VI concedeu dereitos forais a Santiago.
Era compostelá
1107 Trala morte de Raimundo, Urraca reafirmou a súa autoridade, momento en que asinou como totius Gallecie imperatrix.
Urraca intentou casar de novo con Afonso I de Aragón, pero o Papa Pascual II anulou o matrimonio por seren, os dous, bisnetos de Sancho III. Inda así permaneceron xuntos xerando moito malestar na nobreza galega, xa que postergaba a sucesión de Afonso VII Raimúndez.
1108 Afonso VI perdeu contra os musulmáns na batalla de Uclés, onde morreu o seu fillo e herdeiro Sancho Afónsez.
1109 Trala morte de Afonso VI, Urraca coroouse como raíña. Resultou ser así a primeira raíña titular da historia de Galicia e España.
Pedro Foilaz, conde de Traba, proclamou a Afonso VII Raimúndez como rei de Galicia.
1111 Diego Xelmírez consagrou a Afonso VII Raimúndez como rei na Catedral de Santiago.
Aconteceu a batalla de Viadangos.
1112 Urraca acordou o cogoberno co seu fillo, en beneficio da nobreza galega.
1114 Urraca abandona o seu matrimonio con Afonso I de Aragón.
1115 Urraca foi consograda raíña na Catedral de Santiago por Diego Xelmírez a pesar das atribucións reais do seu fillo, despois dun levantamento na cidade.
1121 Un exército galego-leonés dirixido por Urraca cercou o castelo de Lanhoso, impoñendo a súa autoridade en Portucale.
1126 25 de xullo Celebrouse por primeira vez o Ano Santo Xacobeo.
1128 A alianza política e amorosa de Tareixa Afónsez con Fernando Pérez de Traba fixo que o seu fillo Afonso a quixese depor.
Aconteceu a batalla de San Mamede, onde Tareixa Afónsez foi derrotada exiliándose a Galicia.
Afonso consegue o título de conde de Portucale, pero comeza unha carreira pola independencia do reino.
1130 Revolta de Carnota
1133 Diego Xelmírez otorgou dereitos forais á diocese e terra de Santiago.
1137 Tratado de Tui.
1139 Afonso I renunciou ao vasalaxe de Afonso VII e estableceu o Reino de Portugal.
1142 Refundouse o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes como primeiro mosteiro cístercense da península.[29]
1188 Morreu Fernando II, sucedeulle Afonso VIII como rei de León e Galicia; xa que Urraca non conseguiu o apoio da nobreza leonesa.
Afonso VIII Cortes de León, recoñecidas como a testemuña máis antiga dun sistema parlamentario europeo.

Século XIII editar

Ano Data Acontecemento
1208 Afonso VIII de León e Galicia deu á Coruña os privilexios de desembarcar e vender sal sen pagar impostos.
Comezou a construción da Muralla da Coruña.
1211 Pedro Muñiz consagrou a Catedral de Santiago de Compostela.
1219 13 de febreiro Afonso VIII concedeulles aos habitantes de San Martiño de Tiobre (Betanzos o Vello) cambiarse ao Castro de Untia (actual Betanzos).
1228 abril Escribiuse o Foro do bo burgo de Castro Caldelas, considerado un dos primeiros documentos conservados na variante galega actual. Nel Afonso VIII outorga aos cidadáns de Castro Caldelas os seus foros e regula o seu réxime
Reino de Galicia - Coroa de Castela
1230 Fernando III de Castela usurpa ás súas irmás os reinos de Galicia e León.
1238 O papa nomea a Xoán Arias arcebispo de Santiago, quen despois manda construír o castelo da Rocha Forte.
c.1270 Escribíronse as Cantigas de Santa María.
1296 Xoán I, durante a minoría de idade de Fernando IV, foi proclamado como rei de Galicia, León e Sevilla.

Século XIV editar

Ano Data Acontecemento
1301 Malia o apoio de Rodrigo Álvarez Osorio e Dinís I, o rei Xoán I reconciliouse con Fernando IV e renuncia ao título rexio.
1317 15 de xullo O dominico francés Berenguel de Landoira foi nomeado por Xoán XXII como arcebispo de Santiago.
1318 Unha coalición opositora liderada por Alonso Suárez de Deza prohibiulle o paso a Santiago a Berenguel de Landoira.[30]
1320 Berenguel de Landoira sitiou Santiago e asasinou a Alonso Suárez de Deza no castelo da Rocha.[30]
16 de setembro Berenguel de Landoira invitou aos líderes do levantamento ao seu castelo da Rocha Forte onde foron asasinados.
26 de outubro Berenguel de Landoira conseguiu entrar en Compostela como señor feudal.
27 de outubro Asinouse a paz entre Berenguel de Landoira e os nobre rebeldes.
1321 Berenguel de Landoira atacou e incendiou a fortaleza de Felpós, preto de Palas de Rei, desde onde Alvar Sánchez de Ulloa se dedicaba a asaltar aos peregrinos que facían a ruta xacobea.[30]
Peste negra (1347–1351)
1348 outubro A peste bubónica comezou a chegar aos portos de Galicia, principalmente Baiona e o condado de Tui.[30]
1366 29 de xuño O sobriño de Alonso Suárez de Deza acabou coa vida do arcebispo Sueiro Gómez.
1369 Comezan as obras do Castelo de Andrade, sobre unha fortaleza previa do século XIII.
A vilas galegas proclaman como o seu rei a Fernando I de Portugal, este logra reinar apenas uns meses ata que Henrique II de Trastámara ataca Portugal.
1367 Fernando I de Portugal entrou en Galicia e foi proclamado coma rei en varias cidades.
1372 Tratado de Tui.
1386 18 de xuño María Castaña dirixiu unha revolta contra a opresión do bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, quen obrigaba aos lucenses a facer fronte a elevados impostos.
20 de xullo Xoán de Gante chegou á Coruña e a Betanzos cunha enorme frota anglo-portuguesa que levaba un exército duns 5.000 homes máis unha extensa familia "real" e a súa muller e fillas.
25 de xullo Atracou na zona da Pescaría (daquela aínda separada da cidade), onde permanecerían instalados máis dun mes nun ambiente lúdico de xustas e festas. A cidade, que era imposible de sitiar, decidiu non rendirse e condicionaron a súa homenaxe a que fose recoñecido como rei polo resto de Castela.[31]
Aconteceu a xusta de Betanzos, onde loitaron en duelo un cabaleiro inglés e outro francés.
Debido a certos percances cos nobres locais Xoán de Gante decidiu marchar co exército cara Santiago de Compostela onde, tras negociacións co bispo, entrou xunto coa súa muller xa coroados coma reis.[31]
agosto Xoán de Gante estableceu en Ourense unha corte e chancelería rudimentarias e recibiu a submisión da nobreza galega e da maioría das vilas de Galicia.
novembro Xoán de Gante coñeceu ao rei Xoán I de Portugal na Ponte do Mouro, ao lado sur do río Miño e chegou a un acordo con él para facer unha invasión conxunta anglo-portuguesa ao centro de Castela. O tratado foi selado polo matrimonio da filla maior de Xoán, Filipa, co rei portugués.
Ourense e o exército de Xoán de Gante foron vítimas da peste negra. A maior parte do exército de Xoán sucumbira á enfermidade e, cando se puxo en marcha a invasión, xa eran superados en número polos seus aliados portugueses.
1387 abril Comezou a campaña pero os casteláns negáronse a ofrecer batalla directa e as tropas galaico-anglo-portuguesas centráronse en longos asedios que provocaron ás tropas a buscar alimento na árida meseta, onde eran acosados polos mercenarios franceses do rei castelán.
Aconteceu o cerco de Ribadavia.
xuño O exército volvese a Portugal, Xoán de Gante concluíu un tratado secreto con Xoán I de Castela en virtude do cal él e a súa muller renunciaban a toda reclamación ao trono castelán a cambio dunha cuantiosa paga anual e do casamento da súa filla Catarina con Henrique III.
c.1390 Os burgueses de Lugo trataron de imporse ao bispo, apoiados polos cabaleiros, encabezados polos Osorio de Lemos e os Ulloa de Monterroso. Usurparon sistemáticamente os bens da igrexa.[30]

Século XV editar

Ano Data Acontecemento
1418 Aproveitando a ausencia do arcebispo Lope de Mendoza creouse en Santiago unha irmandade, baixo a dirección de Rui Sánchez de Moscoso.[30]
1419 Os nobres e burgueses de Ourense enfrontáronse ao bispo Francisco, resultando na súa morte.[30]
1422 Estalou a revolta de Santiago, encabezada por Rui Sánchez de Moscoso e un grupo de artesáns.[30]
1431 Ten lugar a primeira revolta irmandiña en terras de Andrade por parte da Irmandade Fusquenlla.
1434 Na diocese de Tui os campesiños negáronse a pagar ao cabildo, deu lugar a un enfrontamento nos que o campesiños contaban co apoio dos habitantes das vilas de A Guarda e Baiona.
1451 Xurdiu a "primeira irmandade" nas rías de Pontevedra e Arousa.
Xurdiron as irmandades de Coruña e Betanzos.
1458 Xurdiron as irmandades de Santiago de Compostela, Muros e Noia.
1466 Epidemia
Guerra Irmandiña (14671469)
14671469 Estala o conflito civil da Gran Guerra Irmandiña.
1467 Primeira reunión da Xunta Irmandiña en Melide.[32]
1470 3 de novembro Varios nobres galegos firman o pacto de Puente cabrero, nel contemplábase a axuda mutua na contra de Fonseca.[Cómpre referencia]
1475 8 de novembro Comezou o control político dos Reis Católicos sobre o Reino de Galicia, co nomeamento do primeiro gobernador galego, Enrique Enríquez de Mendoza, conde de Alba.[30]
1476 1 de marzo Sucedeu a batalla de Toro, onde morre Enrique Enríquez de Mendoza detendo a actividade do gobernador.
1477 4 de outubro A maioría da nobreza rexeitou a instauración da Santa Irmandade ofrecéndolle ao novo gobernador que o estamento nobiliario fose o encargado de garantir a orde pública.
1479 Os Reis Católicos deciden apoiar ao bispo Diego de Muros fronte a Pedro Madruga.
1480 18 de febreiro Instituíuse a Santa Irmandade co benepláctito de Alonso de Fonseca e a burguesía urbana pero co receo dos grandes nobres.[30]
3 de agosto Os Reis Católicos instauraron a Real Audiencia de Galicia para o sometemento e pacificación do reino e a restauración da xustiza real sometendo aos señores. Nomeron a Fernando de Acuña e a Lope García de Chinchilla.
O Gobernador Fernando de Acuña coa axuda de nobres galegos cercaron a Catedral santiaguesa.
1481 Afastamento da influencia política do Arcebispo Alonso de Fonseca quitándoo do medio co nomeamento de Presidente do Consello de Castela.
1483 Faleceu o conde de Lemos Pedro Álvarez Osorio figura moi respectada.
Execución do Mariscal Pardo de Cela diante da Catedral de Mondoñedo por orde de Fernando de Acuña, gobernador de Galicia e representante dos Reis Católicos.
1486 Establécese a primeira imprenta estable en Santiago de Compostela.[33]
7 de setembro Os Reis Católicos viaxan ao reino para constatar o sometemento da nobreza galega.[30] Procedentes de Ponferrada, dirixíronse a Santiago, onde permaneceron uns vinte días, e de alí a Betanzos, A Coruña e Lugo.[34]
6 de outubro Recibíronse ao Reis Católicos na Coruña na Porta da Torre. O pobo e as autoridades reclamaron a confirmación dos privilexios da vila, manifestaron a súa lealdade á coroa e entregaron agasallos aos reis.[34]
16 de outubro Os Reis Católicos marchan de Galicia.
1487 Os Reis Católicos obtiveron do papado unha bula para levar adiante reformas nos mosteiros galegos.
1492 31 de marzo Decreto da Alhambra
1493 1 de marzo A carabela A Pinta desembarca na praia da Ribeira, en Baiona, cargada de recursos do Novo Mundo, sendo o primeiro lugar do mundo en coñecer o descubrimento de América.[35]
1494 3 de febreiro Publícase o primeiro libro impreso en Galicia, Missale Auriense.[33]
Guerras italianas (14941559)
1494 Os Reis Católicos obtiveron do papado outra bula para levar adiante reformas nos mosteiros galegos.
1495 Enviouse a célula dos Reis Católicos, dirixida ao gobernador de Galicia, para executar a reforma dos mosteiros.[36]
1498 A Santa Irmandade foi suprimida.
1500 Apareceu por vez primeira a Xunta do Reino de Galicia con representación de 5 provincias.

Século XVI editar

Ano Data Acontecemento
Creouse a primeira traída de augas da Coruña dende os mananciais de Vioño ata as fontes da cidade.
1501 Comezou a construírse o Hospital Real de Santiago de Compostela para cubrir as necesidades da cidade que xa contaba con varios hospitais pero eran insuficientes.
17 de xullo Creouse o Estudio Vello, orixe da Universidade de Santiago de Compostela.[37]
1504 Confirmouse a creación da Universidade de Santiago de Compostela na bula do papa Xulio II.
1506 Filipe I de Castela e Xoana I de Castela viaxaron a Galicia.[34]
1509 Aconteceu a batalla do cabo Fisterra entre Portugal e Francia.
1511 A Real Audiencia de Galicia tiña a súa sede na Capela de Ánimas en Santiago de Compostela, convertida así á cidade en capital do reino.[38]
1518 As cidades e vilas galegas comezaron a mobilizarse para recuperar o voto lexítimo nas Cortes.
1520 Carlos I viaxou a Galicia para asistir a as Cortes de Santiago.[34]
4 de decembro Celebrouse a asemblea de Melide.
1522 Tralo regreso de Juan Sebastián Elcano dende as illas das especias creouse a Casa da Especiaría na Coruña pola súa proximidade xeográfica con Flandres, para a distribución nos mercados de Inglaterra, Francia, Alemaña, Escocia, Dinamarca e Noruega.[39]
1528 Instituiuse formalmente a Xunta do Reino de Galicia, constituída polos delegados das 7 provincias.
1529 3 de febreiro Orixinouse o Arquivo do Reino de Galicia grazas a Real cédula emitida por Carlos I.
A Coruña e Baiona recibiron a autorización real para comerciar coas Indias.[Cómpre referencia]
A Casa da Especiaría da Coruña foi clausurada.[39]
1543 1 de marzo Carlos I ordenou a salvagarda e custodia dos procedementos da Real Audiencia de Galicia.
25 de xullo Aconteceu a batalla de Muros, no marco das guerras italianas.
1554 xuño Filipe II, aínda príncipe, viaxou a Galicia como peregrino.[34]
1563 14 de agosto A Coruña converteuse na capital de Galicia, cando Filipe II lle concedeu a sede da capitanía e da audiencia mediante Real Cédula, ademais de fortalecer a cidade como baluarte militar para evitar conflitos co poder arzobispal de Santiago.[40]
1569 A cidade de Vigo sufriu os efectos da peste, quedando illada un ano, morreron preto de 5.000 persoas.[36]
1570 setembro A entrada do arcebispo Cristobal de Valtodano en Compostela, asignado por Filipe II, fixo que os gremios sacasen os seus entremeses do Corpus Christi e Antonio de Mondragón representou un Auto.[41][34]
1580 A peste asolou a cidade da Coruña.
1589 4 - 18 de maio A Armada Británica lanzou o Asedio da Coruña. María Pita dirixe a defensa da cidade.
A capela da Illa de Tambo foi saqueada por Francis Drake, o cal botou a figura de Santa María de Graza ao mar.
1590 Aconteceu a batalla das Illas Cíes.
1591 Levouse a cabo o censo de 1591 recollendo 629.336 habitantes en Galicia, unha densidade media superior ao resto dos territorios da Coroa de Castela.[30]
1597 Afundiu o San Giacomo na ría de Ribadeo, a nave de guerra capitana da segunda armada invencible.

Século XVII editar

Ano Data Acontecemento
Construíuse o Santuario de Nosa Señora das Ermidas no Bolo.
1609 O pintor galego Santiago Morán ocupou a praza de pintor de cámara de Filipe III.
1610 Primeiras plantacións de millo en Galicia na zona do Barbanza.[Cómpre referencia]
1613 Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, foi nomeado embaixador en Londres por Filipe III.
1617 Incursión dos piratas turco-berberiscos en Vigo e na costa do Morrazo.
1623 5 de febreiro Filipe IV concedeulle ao Reino de Galicia o voto nas Cortes Reais tras pagar 100.000 ducados.
1629 24 de novembro Por manda de Úrsula Menéndez de Texeda fúndase o Colexio de Orfas en Betanzos.
Guerra de Restauración Portuguesa (16401668)
1640 1 de decembro Os primeiros levantamentos nas vilas portuguesas marcaron o inicio da Guerra de Restauración Portuguesa. O duque de Bragança, chegou ao trono como Xoán IV de Portugal.
1641 O exército da fronte galega liderado polo Capitán xeneral de Galicia, Marqués de Valparaíso, queimou a Igrexa de Fiaes.
1642 Aconteceu a batalla de Vilaza onde un exército galego rexeitou un ataque portugués.
1643 15 de agosto Os portugueses conquisatan o castelo de Salvaterra de Miño, despois de que o casteleiro lle entregase as chaves.
1644 Os portugueses atacaron Goián e saquearon Freixo e Panzeques. O Capitán xeneral de Galicia como castigo atacou Lañela, Seixas e Gondarém e queimou as barcas de Caminha.
1647 O Capitán xeneral de Galicia lanzou outra ofensiva contra Salvaterra de Miño sen conseguir ocupala.
1649 Na fronte galega servían 4.000 soldados de infantería e 800 de cabalaría.
O Capitán xeneral de Galicia volveu lanzar outra ofensiva contra Salvaterra de Miño outra vez sen éxito.
1652 A gornición de Monterrei saquea a bisbarra portuguesa de Barreiros polo que o gobernador de Tras os Montes saquea A Mezquita.
Vicente Gonzaga atacou Valença do Minho pero sen homes suficientes como para tomala rematou por ir a San Pedro da Torre onde ergueu o forte de San Luis Gonzaga en pleno territorio portugués.
1655 Tropas portuguesas ao mando do conde de Prado saquearon e incendiaron o Porriño.
1658 O exército da fronte galega dirixido por Rodrigo Pimenetal, Marqúes de Viana do Bolo, conquistou Monçao e Lapela.
1659 17 de febreiro O exército da fronte galega recuperou a fortaleza de Salvaterra de Miño, rebautizada polos portugueses como Salvaterra de Portugal.
1662 Pedro Carrillo de Acuña conseguiu chegar ata Arcos de Valdevez e queimala ata que o exército galego ao mando de Baltasar de Rojas deu media volta e puxo seu cuartel de inverno na conquistada Monçao.
1663 Os portugueses cruzaron o Miño e tomaron Goián, Tomiño e atacaron as aldeas do arredor.
Formouse o primeiro Batallón Literario como resposta aos ataques portugueses a Monterrei.[Cómpre referencia]
c.1665 Constrúese a Muralla de Vigo comenzando a conformarse a morfoloxía da cidade.
1665 Os portugueses, aproveitando a morte do rei español, desataron unha ofensiva en Galicia para conquistar o porto de Vigo e Baiona, avanzaron dende Goián polo Rosal saqueando o Val Miñor e Gondomar e incendiaron Porriño e tomaron A Guarda.
1666 O exército da fronte galega atacou a fronte oriental galega paseándose polo Támega, saqueando Vinhais e achegándose á capital de Chaves mentres voltaban os portugueses atacar A Mezquita.
1668 13 de febreiro A monarquía española recoñeceu a independencia de Portugal no Tratado de Lisboa.
1671 Gabriel Feixóo de Araúxo deu a coñecer o Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, a peza teatral coñecida máis antiga en lingua galega.
1672 Constrúese a Cruz de Avelán, o cruceiro de capela máis antigo conservado en Galicia.
1673 Diego de Romai deseñou o cadeirado do coro baixo de San Martiño Pinario.
1676 Domingo de Andrade, nomeado mestre de obras da catedral, fixo as reformas da torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela.
1691 Comezaron as obras do Convento de San Xoán de Poio levadas a cabo por Pedro de Monteagudo.

Século XVIII editar

Ano Data Acontecemento
Constrúese o Camiño e Plantío Real, camiño de roda arborado que uniu Pontevedra e A Coruña con Santiago de Compostela, a partir da rede viaria romana e os camiños castrexos. Nas súas beiras atopábanse fontes, reloxos de sol e zonas de descanso. A súa construción incluíu a de varias pontes coma a Ponte Barosa, Ponte do Cárcere, Ponte Malvar e a Ponte Vedra e foi ordenada polo Arcebispo Malvar. Este vial evolucionaría posteriormente na estrada N-550
O pulo adquirido polo viño portugués do Douro no mercado inglés foi a causa de decadencia de moitos dos viñedos ourensáns.[36]
Guerra de Sucesión Española (17011713)
1702 Aconteceu a batalla de Rande, enfrontou ás coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa.
1709 Ano de malas colleitas, provocou moita fame e crime.[36]
Guerra da Cuádruple Alianza (17171720)
1717 Fúndase en Betanzos o Banco Etcheverría, banco máis antigo de España
1719 10 de xuño Batalla de Glen Shiel
10 de outubro Aconteceu a toma de Vigo a mans británicas.
1722 Construíuse o acueduto do Paseo das Pontes na Coruña, feito por Fernando de Casas Novoa.
1735 Lucas Ferro Caaveiro foi elixido para realizar as obras do pazo da Casa do Concello de Lugo.
1747 14 de maio Primeira batalla do cabo Fisterra.
25 de outubro Segunda batalla do cabo Fisterra.
1749 Comeza a construción do Real Arsenal de Ferrol e dos Reales Estaleiros de Esteiro
c.1750 Revoltas e motíns nas rías galegas contra os pesqueiros cataláns.[36]
1752 1.299.312 habitantes.[30]
Terremoto de Lisboa
c.1760 Constrúese a Casa Cornide na Cidade Vella da Coruña.
1761 Constrúese o Camiño Real da Coruña que unía Madrid co porto da Coruña. Ata entón todo o transporte entre Galicia e Castela facíase a pé (o cal deu lugar á profesión do arrieiro) ou na parte traseira dunha mula por camiños de ferradura, ao contrario que os camiños de roda que permitían circular carros e carretas. Esta se percorría en de 8 a 9 días con bo tempo e entre 16 e 20 días con climatoloxía adversa. Posteriormente converteríase na estrada xeral nº7.
13 ou 14 de agosto Librouse a batalla do cabo Fisterra entre Francia e Inglaterra.
1763 Implantouse a primeira lotaría.
1765 20 de xaneiro Inaugurouse a Academia de Agricultura do Reino de Galicia na Coruña.[42]
1775 22 de outubro Por Real cédula de Carlos III, creouse formalmente o Arquivo do Reino de Galicia, asignándolle persoal e unhas normas de funcionamento, no Palacio da Real Audiencia.
1778 Galicia padeceu de fame e peste.[43]
Comezou o favorecemento do cultivo da pataca en Galicia.[43]
1780 8 de xaneiro Aconteceu a acción do 8 de xaneiro de 1780.
1781 25 de febreiro Aconteceu a acción do 25 de febreiro de 1781.
1784 Creouse a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo.[44]
15 de febreiro Celebrouse a sesión inaugural da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.
1787 1.345.803 habitantes.[45][30]
1794 Vigo obtén permiso para comerciar coas Indias.[46]
27 de setembro Fundouse o primeiro hospital da Coruña, o Hospital da Caridade, polo que loitou Teresa Herrera.
1798 Veciños de Portocelo, San Cibrao, Burela e Nois, levantáronse en motín contra o marqués de Sargadelos.[36]
1800 Publícase o primeiro xornal de Galicia, El Catón Compostelano.[47]
25 e 26 de agosto Aconteceu a batalla de Brión.

Século XIX editar

Ano Data Acontecemento
Guerras napoleónicas (18031815)
1803 Comezou a construción do camiño de Benavente a Vigo.[46][48]
30 de novembro Partiu da Coruña a Real Expedición Filantrópica da Vacina dirixida polo doctor Balmis.
1804 A Coruña quedou illada para evitar a peste. As penas alcanzaron os 200 latigazos e os 10 anos de cárcere.
1805 22 de xullo Aconteceu a batalla do cabo Fisterra, na que se enfrontaron España e Francia contra o Reino Unido.
4 de novembro Aconteceu a batalla do Cabo Ortegal, na que se enfrontaron o Reino Unido contra Francia.
1806 Cerámica de Sargadelos.
1808 Formación da Xunta Suprema do Reino de Galicia coa fin de defender o reino ante os exércitos napoleónicos. Recuperación de atribucións de autogoberno extraordinarias.
Acordouse a colaboración da Universidade co movemento popular a prol de liberar o país, constituíuse o Batallón Literario.
1809 16 de xaneiro Aconteceu a batalla de Elviña.
6 e 7 de marzo Aconteceu a batalla do Val de Monterrei.
28 de marzo Os habitantes Vigo álzase contra o exército francés, no que se coñece coma a Reconquista de Vigo
27 de abril Aconteceu a batalla de Casal do Eirigo.
30 de maio Levantamento da Coruña e de Santiago.
7 a 9 de xuño Aconteceu a batalla de Ponte Sampaio.
1810 Naufragaron a fragata Santa María Magdalena e o bergantín Palomo na costa de Viveiro.
1815 17 a 18 de setembro Pronunciamento de Porlier na Coruña, co obxectivo de derribar o réxime absolutista de Fernando VII e restaurar a Constitución de Cádiz.
1816 Comeza a operar o servizo de dilixencias entre Vigo na Coruña con Madrid, que podían levar ata 22 persoas.
1820 Revolución Liberal de Rafael del Riego.
c.1825 Construíuse o muiño do Pozo do Cachón en Serres, Muros.
18251832 Durante un período de tempo a capitalidade tivoa Santiago de Compostela, para despois volver á Coruña.[49]
1831 7 de abril Fúndase a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia
Rexión de Galicia - Reino de España
1833 A rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asina o decreto da disolución da Xunta do Reino de Galicia.
30 de novembro A división territorial de España en 1833 pon fin ao Reino de Galicia pasando a ser a Rexión de Galicia, dividida en 4 provincias.
1834 O ilustrado Domingo Fontán remata a Carta xeométrica de Galicia, o primeiro mapa realizado en España con métodos científicos e medicións matemáticas
1838 Apareceu a primeira revista ilustrada de Galicia, Semanario Instructivo, que xa contaba con litografías e ilustracións policromadas.[47]
1843 Celébrase en Lugo unha asemblea federal para estudar a reorganización de Galicia, na cal Antolín Faraldo propuxo debater a independencia de Galicia.
Constitúese unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Baldomero Espartero.
Enrique Luard abriu a primeira tenda de fotografía de Galicia na rúa San Andrés na Coruña.[47]
Revolución galega (1846)
1846 2 de abril Prodúcese o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo.
23 de abril Aconteceu a batalla de Cacheiras no alto de Montouto.
26 de abril Fusilamento dos Mártires de Carral.
1849 31 de outubro A Real Academia Galega de Belas Artes, foi unha das trece creadas en España por Real Decreto.
1851 2 de abril O químico Antonio Casares realiza o primeiro experimento con luz eléctrica de España no claustro da Universidade de Santiago de Compostela, onde crea un arco voltaico e causa gran expectación.[50]
1852 24 de xullo Antonio Casares repitiu o experimento, iluminando unha das fachadas da catedral.[50]
Publícase A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos, primeiro libro impreso en galego e precursor do Rexurdimento.
Diáspora galega
1853 Foi o ano da fame en Galicia, as chuvias excesivas e as baixas temperaturas estragaron as colleitas. As cidades galegas viron chegar multitude de campesiños pedindo pan e roupa.[51] Espoleta do inicio da diáspora galega.[52]
6 de abril Manuel Blanco Romasanta, o primeiro asasino en serie galego documentado, foi condeado á sentenza de morte en Allariz.
1854 Fíxose a rede de luz a gas na Coruña.[53]
1856 2 de marzo Celebrouse o Banquete de Conxo.
1860 3 de marzo Publicouse a primeira revista escrita enteiramente en galego, O Vello do Pico-Sagro.[47]
18601900 Comezou unha gran migración de Galicia cara as américas, principalmente Cuba. Neste período Galicia ten saldo migratorio de -370.462.[36]
Rexurdimento
1863 17 de maio Publicouse Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, inauguración definitiva do Rexurdimento poñendo fin ós Séculos Escuros.
1868 19 de outubro O ministro de facenda do goberno provisional do Xeneral Serrano, Laureano Figuerola, asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de España sustituindo ao real español, ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o sistema métrico.
5 de novembro Coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, o territorio galego é ampliado ao lle ser anexado o Couto Mixto, un microestado independente entre Galicia e Portugal. En contraprestación, a parte galega das denominadas poboacións promiscuasCambedo, Lamadarcos e Souteliño― é incorporada a Portugal.[54]
Rexión de Galicia - Primeira República Española
1873 11 de febreiro Proxecto de Estatuto Federal de Galicia. Nas eleccións elixen 37 deputados federalistas dun total de 45 en Galicia.[Cómpre referencia]
27 de maio Inaugurouse a oficina en Vigo da Eastern Telegraph Company que comunicaba co resto do mundo mediante telégrafo, a través dun cable submarino ata Porthcurno, o maior centro telegráfico do mundo.[55]
15 de agosto Inaugurouse a primeira liña de tren de Galicia, entre Cornes (Santiago) e Carril (Vilagarcía). A súa prolongación posterior ata Vigo e A Coruña daría orixe ó Eixe Atlántico.
Rexión de Galicia - Reino de España
1875 O tren A Coruña-Lugo comezou a circular.[56]
1880 Constuiuse a rede de luz eléctrica na Coruña.[53]
2 de febreiro O Real Decreto ditado por Saturnino Álvarez Bugallal determinou a Galicia ―así como a Aragón, Baleares, Cataluña, Navarra e o País Vasco― como rexión foral.[57]
Comezou a circular o primeiro tranvía de Galicia entre Verín e o manancial de Cabreiroá.[58]
1882 Comezou a publicarse o xornal La Voz de Galicia.
1883 Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego, realizado polo Consello Federal de Galicia presidido por Moreno Barcia.
1885 O tren A Coruña-Madrid comezou a circular.
1886 Inaugurouse a Ponte Internacional Tui-Valença que substituíu as barcazas que eran necesarias anteriormente para cruzar o Río Miño.[59]
1887 2 - 7 de xullo Celebrouse en Lugo a Asemblea Federal da Rexión Galega para ratificar o Proxecto de Constitución para o futuro Estado galego.
1891 25 de maio Trasladouse o corpo de Rosalía de Castro dende o cemiterio de Iria Flavia ao Panteón de Galegos Ilustres.
1893 Emilia Pardo Bazán e mais a súa nai decidiron encargar a construción do Pazo de Meirás.
1895 Construíuse o Obelisco dos Cantóns da cidade da Coruña.
1896 15 de xaneiro Volveuse inaugurar o faro de cabo Vilán, converténdose no primeiro faro con luz eléctrica de España.[20]
2 de setembro Unha exhibición realizada no Teatro Circo Coruñés deu inicio á historia do cinema de Galicia.[Cómpre referencia]
1897 Formouse a Liga Gallega, o primeiro partido galego organizado.[Cómpre referencia]
1900 Galicia comezou o século con 1,98 millóns de habitantes.[60]

Século XX editar

Ano Data Acontecemento
1901 8 de xuño Marcela e Elisa casaron na Igrexa de San Xurxo da Coruña converténdose no primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España.
1903 Comezou a circular o tranvía da Coruña.[58]
1906 Creouse a empresa Aguas de Cabreiroá, cunha planta de embotellamento en Verín.
30 de setembro Constituíuse a Real Academia Galega, presidida por Manuel Murguía.
1908 15 ou 16 de agosto Celebrouse a Primeira Asemblea Agraria de Galicia en Monforte de Lemos.
1910 Creouse a xunta de obras do porto de Ferrol para ampliación da dársena co peirao de Curuxeiras.
1911 O aviador francés Léonce Garnier realizou o primeiro voo en Galicia sobre o Río Lérez.[61]
1912 Ramón María Aller construíu en Lalín o primeiro observatorio astronómico de Galicia.[62]
1913 Inaugurouse o tren Ferrol-Betanzos.[63]
1914 Comezou a circular o tranvía de Vigo.[58]
decembro José Piñeiro González converteuse nun dos pilotos pioneiros en voar boca abaixo en Cuba.[64]
1916 18 de maio Organizáronse as Irmandades da Fala, acordada nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña.
12 de outubro Os agora coñecidos como Mártires de Cans son asasinados pola Garda Civil ao mobilizarse por impostos xustos.
Gripe española
1918 Gripe de 1918
8 e 9 de marzo A Revolta das Pedradas pola suba de impostos e prezos aos labregos.
17 ao 18 de novembro Celebrouse a Primeira Asemblea Nacionalista en Lugo.
Movemento Renovador
1920 30 de outubro Publicouse o primeiro número da revista Nós en Ourense.
Grupo Nós
1921 Contituiuse legalmente o Grupo Nós.
1922 28 de novembro Os agora coñecidos como Mártires de Sobredo foron asasinados por defender un veciño contra o pago dos foros.
1923 8 de xullo As Irmandades da Fala fundaron as Escolas de Insiño Galego, que funcionaron até 1930.
1924 Reimplantouse a caza de baleas en Galicia, establecéronse no país dúas compañías baleeiras, Compañía Ballenera Española e Sociedad Anónima Corona.
1925 11 de novembro Rematou a construción do Edificio do Banco Pastor da Coruña, primeiro rañaceos de España e por aquel entón o edificio máis alto do estado.
Avelino Cachafeiro, O Gaiteiro de Soutelo, foi proclamado o mellor gaiteiro galego nun concurso celebrado en Santiago.
1927 Enrique Barreiro Vázquez realizou a primeira gravación de vídeo a cor de España, o documental Pontevedra, cuna de Colón.[65]
1928 Anunciouse a construción da autovía Madrid-Ponferrada-A Coruña que contará cun ramal a Vigo.[66]
1929 marzo Abriuse oficialmente o tráfico aéreo aos hidroavións no porto marítimo e a ría de Vigo. Decidiuse construír un "aeroporto marítimo" na praia de Cesantes, Redondela.[67]
1931 26 de abril Homenaxe aos Mártires de Carral organizado polas Irmandades da Fala.
Rexión de Galicia - Primeira República Galega
1931 27 de xuño Proclamouse a República Galega durante unhas horas, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española.
Rexión de Galicia - Segunda República Española
1931 5 e 6 de decembro Constituiuse o Partido Galeguista, reclamando por primeira vez o dereito de autodeterminación e proclamando a redacción dun Estatuto de Autonomía.
Fundouse a empresa madeireira FINSA como un serradoiro por Manuel García Cambón.
1932 Construíuse o aeroclub de Lavacolla.
1933 xaneiro A historia da radio en Galicia comezou coa instalación da primeira antena en San Domingos de Bonaval e a inauguración de Unión Radio Galicia.
Recoñecemento internacional como nación
1933 16 ao 18 de setembro Galicia acadou o recoñecemento internacional como nación no 9º Congreso de Nacionalidades Europeas, patrocinado pola Sociedade de Nacións.
1935 O Banco Simeón adquiriu un dos cinco mil exemplares da máquina Millonaire, precedente da informática en Galicia.[68]
27 de xullo Inaugurouse o aeródromo de Lavacolla, o que posteriormente se convertería no aeroporto de Santiago de Compostela. Contaba con tres pistas de aterraxe formando un triángulo.
1936 28 de xuño Votouse a aprobouse o Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 pero nunca chega a facerse efectivo.
Guerra civil española (19361939)
1936 18 de xullo Comezou unha insurrección militar coñecida como o Golpe de Estado de 1936, daría comezo á Guerra civil española.
20 e 21 de xullo Sucedeu a batalla de Vigo,[69] entre o exército sublevado e as milicias republicanas viguesas.
17 de agosto Alexandre Bóveda foi asasinado polos fascistas na Caeira, Poio, este día marcaría o Día da Galiza Mártir.
1937 Comezan os servizos comerciais regulares no aeroporto de Santiago de Compostela coa liña SantiagoSalamancaValladolidZaragoza. O aeroporto só contaba cun barracón de madeira para albergar aos pasaxeiros.
Rexión de Galicia - Ditadura franquista
1939 1 de abril A Guerra civil española concluíu coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista.
c.1940 As irmás Touza de Ribadavia axudaron a escapar a Portugal a máis 500 xudeus durante o holocausto.
1944 10 de marzo Castelao publicou Sempre en Galiza en Bos Aires, considerado a obra canónica do nacionalismo galego.
1948 25 de xullo Castelao pronunciou o discurso Alba de Gloria en Bos Aires.
1949 16 de setembro Inaugurouse o encoro das Conchas, primeiro grande encoro galego que daría lugar ao nacemento de Fenosa.[70]
1950 Publicouse Muiñeiro de Brétemas, de Manuel María dando inicio a corrente da poesía galega coñecida como Escola da Tebra.
25 de xullo Fundouse a Editorial Galaxia.
1953 Fundouse a empresa de fundición de aceiro Metalurgia Galaica, SA.
Nova narrativa galega
1954 Publicouse Nasce un árbore de Gonzalo Rodríguez Mourullo dando incio á corrente da Nova narrativa galega.
20 de abril Comezou a operar o Aeroporto de Vigo.
Astano comezou a operar o primeiro ordenador de Galicia, un clasificador de tarxetas.[68]
1958 Fundouse a empresa Televés co nome de TresB.
Fundouse a empresa conserveira de Jealsa da man de Jesús Alonso Fernández.
abril Creouse Citroën Hispania o que deu lugar ao centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën ligada ao porto de Vigo.
1959 Fundouse o grupo empresarial alimenticio Coren por Eulogio Gómez Franqueira.
1960 O xogador galego de fútbol Luis Suárez Miramontes converteuse no primeiro de España en gañar un Balón de Ouro.
Fundouse a empresa pesqueira Pescanova por Xosé Fernández López.
1963 17 de maio Celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas, homenaxeando a Rosalía de Castro.
25 de maio Inaugurouse o Aeroporto da Coruña.
2 de decembro Promulgouse a Lei de Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia, antecedente do actual Dereito civil galego.[71]
1965 25 de xullo O crego Xaime Seixas deu a primeira misa íntegra en galego despois da ditadura.
1968 A Estampa Popular Galega comezou a súa actividade.
Mobilizacións estudantís na Universidade de Santiago de Compostela.
Magín Alfredo Froiz remodelou un supermercado co nome de Supermercado Froiz.
1969 A Universidade de Santiago estreou o seu primeiro ordenador, un IBM 1130 de última xeración.[68]
1970 Miguel Anxo Araúxo foi ordenado bispo na primeira destas cerimonias en galego na Catedral de Ourense.
1973 13 de agosto Accidente aéreo de Montrove, Liáns, Oleiros.[72]
1974 Finalizou a construción do encoro das Portas no concello de Vilariño de Conso.[20]
Transición española
1975 20 de novembro Morre Francisco Franco dando o comezo a transición española.
27 de decembro Trala morte de Francisco Franco, de acordo coa Lei de Sucesión na Xefatura do Estado de 1947, Xoán Carlos I foi recoñecido como rei de España e lexítimo herdeiro da dinastía histórica de Borbón.
1976 12 de maio Naufraxio do buque Urquiola na Coruña, vertendo 100.000 toneladas de petróleo.
1977 23 de abril Fundouse a Real Academia Galega de Ciencias.
A Xunta preautonómica nomeou a Antonio Rosón Pérez como presidente, puxo en marcha o estatuto dos dezaseis.
15 de xullo Inaugurouse o parque de Santa Margarida na Coruña.
Galicia - Reino de España
1978 16 de marzo A Xunta de Galicia foi designada como goberno galego.[73][74]
1979 9 de xuño Xosé Quiroga Suárez tomou posesión do cargo de presidente da Xunta de Galicia.
1980 3 de maio Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
21 de decembro Celebrouse o referendo do estatuto de autonomía de Galicia.
1981 7 de febreiro Inaugurouse a ponte de Rande atravesando a ría de Vigo.[75]
Estatuto de autonomía
1981 6 de abril Aprobouse o estatuto de autonomía de Galicia, establecendo Santiago de Compostela como capital.
20 de outubro Primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia.
Inaugurouse o primeiro tramo da Autoestrada do Atlántico.[Cómpre referencia]
Galicia acadou o seu máximo histórico de poboación, con 2.811.942 habitantes.[76]
1982 22 de xaneiro Xerardo Fernández Albor converteuse no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento de Galicia.
1984 28 de xuño Os restos mortais de Castelao foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela).
3 de outubro Galicia foi azoutada polo furacán Hortensia. En Bares rexistráronse ventos de 198 quilómetros por hora, a maior marca galega desde que hai estatísticas.[77]
Iniciouse a expansión do porto de Ferrol ata a extensión actual.
1985 12 de xuño Fundouse a empresa Inditex por Amancio Ortega.
24 de xullo A Televisión de Galicia inaugurou as súas emisións,[78] inaugurando cos actos do Día do Apóstolo.
Fundouse o grupo empresarial alimenticio Gadisa por Roberto Tojeiro Díaz.
1986 1 de xaneiro Galicia entrou co resto de España na CEE (actual Unión Europea).
1987 26 de setembro Fernando González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor.
28 de setembro Formouse un goberno de coalición tripartito en PSdeG, Coalición Galega e Partido Nacionalista Galego, presidido por Fernando González Laxe.
5 de decembro O Cason naufragou fronte ás costas galegas, con posible carga de armas químicas ou materiais para fabricalas, ou mesmo material radioactivo.
1989 20 de xullo Creouse a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo a través da lei de ordenación do sistema universitario de Galicia.
1990 12 de xuño Iniciouse a Operación Nécora contra o narcotráfico.[79]
5 de febreiro Manuel Fraga Iribarne foi investido como presidente da Xunta na praza do Obradoiro.
1991 Realizouse a exposición Galicia no tempo, presentaba arredor de 250 pezas de escultura e ourivaría de entre o século XVI e a idade moderna.
1992 Anuario de Estudos Literarios Galegos
3 de decembro Naufraxio do Aegean Sea na costa da Coruña.[80]
1993 maio Creouse o Centro de Supercomputación de Galicia, que adquiriu un Fujitsu VP1400, o primeiro superordenador vectorial do país.[68]
1994 18 de abril Comezou a emitirse na Televisión de Galicia o programa infantil Xabarín Club.
1996 10 de setembro Derrubamento do vertedoiro de Bens, vertendo sobre O Portiño e o mar 200.000 toneladas de lixo e matando un veciño.
2000 Publicouse o primeiro capítulo de Os Bolechas da man do ilustrador Pepe Carreiro.
31 de decembro Galicia comeza o século con 2.698.025 habitantes.[81]

Século XXI editar

Ano Data Acontecemento
2001 A compañía R comeza a operar a súa rede de fibra óptica.
2002 1 de xaneiro O euro (€) entrou en circulación xunto coa peseta, convivindo as dúas moedas.
1 de marzo A peseta deixou de ser unha moeda de curso legal.
Marea Negra do Prestige
2002 19 de novembro Naufragou o petroleiro Prestige, provocado unha marea negra sobre as costas galegas.
21 de novembro Nacemento do movemento Nunca Máis.
2004 21 de setembro Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega
2005 11 de marzo Iniciaronse os traballos de construcción do porto exterior da Coruña.
2 de agosto Emilio Pérez Touriño encabezou un goberno de coalición co BNG coñecido como bipartito galego.
Vaga de incendios forestais de 2006
2006 3 e 15 de agosto Un conxunto de 1.970 incendios forestais (37 deles de grandes proporcións) arrasaron Galicia, especialmente as provincias de Pontevedra e A Coruña.
2009 16 de abril Alberto Núñez Feijóo foi nomeado Presidente da Xunta de Galicia polo Parlamento de Galicia.
2014 18 de xuño Abdicación de Xoán Carlos I en favor do seu sucesor, Filipe VI.
2015 marzo Completouse o Eixe atlántico de alta velocidade coa inauguración do treito Santiago de Compostela - Vigo.[82]
Vaga de incendios forestais de 2017
2017 13 e 18 de outubro Unha serie de incendios forestais afectaron ás catro provincias galegas con cadansúas vagas en Asturias e Portugal.
Pandemia de COVID-19
2020 4 de marzo Detectouse o primeiro caso confirmado da pandemia de COVID-19 en Galicia.
2021 21 de decembro Comezou a operar a Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.[83]
2022 22 de maio Alfonso Rueda Valenzuela foi investido xefe do executivo galego.
2023 19 de setembro Xosé Ramón Gómez Besteiro convertiuse no primeiro deputado en intervir en galego no Congreso español.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. "O primeiro galego viviu en As Neves fai uns 300.000 anos". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  2. "Ferramentas líticas de Porto Maior". galicia100.consellodacultura.gal. Consultado o 2023. 
  3. "Útiles paleolíticos con parentela". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  4. "O xacemento de Budiño envellece máis de 200.000 anos". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  5. "Confirman a presenza humana hai 120.000 anos no xacemento do Cabrón de Arbo". gciencia.com. Consultado o 2023. 
  6. 6,00 6,01 6,02 6,03 6,04 6,05 6,06 6,07 6,08 6,09 6,10 6,11 6,12 6,13 6,14 6,15 6,16 Calo Lourido, Francisco; López Carreira, Anselmo; Carballo, Francisco; Obelleiro, Luís; Alonso Fernández, Bieito (1997). Historia xeral de Galicia. A Nosa Terra. ISBN 84-89138-99-0. 
  7. "Medio metro de terra a falar do Paleolítico". elprogreso.es. Consultado o 2023. 
  8. "Un colgante encontrado en Triacastela (Lugo) evidencia la presencia humana en el Noroeste en el pleniglaciar". europapress.es. Consultado o 2023. 
  9. "Un colgante de 26.000 años prueba que Galicia estaba habitada en la glaciación". farodevigo.es. Consultado o 2023. 
  10. "Encuentran el fósil humano más antiguo de Galicia en la Cueva de Valdavara". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2023. 
  11. "Investigadores gallegos localizan en Lugo un collar de hace 17.000 años". laopinioncoruna.es. Consultado o 2023. 
  12. "A Terra Chá, un museo arqueolóxico ao aire libre que aínda precisa estudos". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  13. "Pastora gallega de 9.300 años". www.elcorreogallego.es. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 "Portas a unha das épocas máis escuras da prehistoria". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  15. "Os segredos dun dolmen intacto". culturagalega.org. Consultado o 2023. 
  16. "Os celtas que colonizaron Gran Bretaña procedían de Galicia". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  17. "O misterio do Vaso Campaniforme da Vilavella – Capítulo V". amigus.org. Arquivado dende o orixinal o 2010. Consultado o 2023. 
  18. Alonso Troncoso, Víctor (1996). "Primeras etapas en la conquista romana de Gallaecia". Universidade da Coruña (en castelán). 
  19. "Historia de Galicia". lonelyplanet.es. Consultado o 2023. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 "Cinco obras de ingeniería que cambiaron el paisaje de Galicia". laregion.es. Consultado o 2023. 
  21. Arias Vilas, Felipe (1983). "A cidade de Lucus Augusti" (PDF). Museo Provincial de Lugo. 
  22. "Unha traxedia a finais da Idade de Ferro". manuelgago.org. Consultado o 2023. 
  23. "Un segundo miliario romano identifica a Pontevedra con Turoqua". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  24. "Temes, un tesouro case descoñecido". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  25. Lodewijckx, Marc (1996). Archaeological and historical aspects of West-European societies: album amicorum André Van Doorselaer. Leuven University Press. pp. 335–337. ISBN 90-6186-722-3. 
  26. "Musà b. Nusayr". dbe.rah.es. Consultado o 2023. 
  27. "Unha moeda árabe do século VIII no Museo Provincial de Lugo". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  28. "Desembarco en Jakobsland". farodevigo.es. Consultado o 2023. 
  29. "O primeiro mosteiro cisterciense da península". xunta.gal. Consultado o 2023. 
  30. 30,00 30,01 30,02 30,03 30,04 30,05 30,06 30,07 30,08 30,09 30,10 30,11 30,12 30,13 Bermejo, X. C.; Pallares, M. C.; Pérez, X. M.; Portela, E.; Vázquez, X. M.; Villares, R. (1980). Historia de Galiza. Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0758-X. 
  31. 31,0 31,1 "El Desembarco de Juan de Lancaster en A Coruña (1386-1390): Un conflicto de solución diplomática" (PDF). dialnet.unirioja.e. Consultado o 2023. 
  32. Barros, Carlos. "As orixes medievais da Xunta de Galicia". Universidade de Santiago de Compostela. 
  33. 33,0 33,1 "Una nueva sala en el Museo do Pobo recorre la historia de la imprenta en Galicia". elpais.com. Consultado o 2023. 
  34. 34,0 34,1 34,2 34,3 34,4 34,5 "Entradas reales". teatroengalicia.juliomontanes.synology.me. Consultado o 2023. 
  35. "Cuando Galicia fue el primer lugar en conocer la mayor noticia de la historia". elespanol.com. Consultado o 2023. 
  36. 36,0 36,1 36,2 36,3 36,4 36,5 36,6 Villares, Ramón; Armas, Xosé; Moreno, Xan; Ulloa, Emilio (1990). Historia de Galicia. Editorial Crítica. ISBN 84-7423-448-4. 
  37. "Historia de la USC". usc.gal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2021. Consultado o 2023. 
  38. Cueto Álvarez; Abelleira Méndez (2016). La sede de la Real Audiencia del Reino de Galicia en Santiago de Compostela. ISBN 978-84-617-4339-1. 
  39. 39,0 39,1 Rey Castelao, Ofelia (2013). "Del noroeste español a América: oportunidades y medios de fraude y de corrupción". e-spania. doi:10.4000/e-spania.22854. 
  40. "Ordenanzas de la Real Audiencia del Reyno de Galicia". 1563, 14 de agosto. Real Cédula despachada por Felipe II ordenando el traslado de la Real Audiencia desde Santiago a La Coruña. A Coruña. 1679. pp. 90–91. 
  41. "Auto - MONDRAGÓN, Antonio de". juliomontanes.synology.me. Consultado o 2023. 
  42. "Real Academia de Agricultura". Boletín da Real Academia Galega: 63–66. 1765. ISSN 1576-8767. 
  43. 43,0 43,1 Labrada, José Lucas (1804). Descripción económica del Reino de Galicia. Galaxia. 
  44. "Sociedade Económica de Amigos do País de Lugo". galiciana.gal. Consultado o 2023. 
  45. Molas Ribalta, Pere (1991). La España de Carlos IV: El censo de Godoy en la ciudad de Santiago (PDF). ISBN 84-86938-99-6. 
  46. 46,0 46,1 "A autoestrada de Madrid a Galicia proxectouse á cidade en 1922 peros acabou na Coruña como o vello Camiño Real". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  47. 47,0 47,1 47,2 47,3 "El diseño en la historia de la prensa gallega (I)". dag.gal. Consultado o 2023. 
  48. Lindoso Tato, Elvira; Vilar Rodríguez, Margarita (2009). "Infraestructuras y transportes en Galicia antes del ferrocarril" (PDF). Universidade de A Coruña. 
  49. Gil Merino, Antonio (1967). "Notas históricas sobre la Real Audiencia de Galicia en la segunda mitad del siglo XVI y su traslado a La Coruña". Revista del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide (2): 19–30. 
  50. 50,0 50,1 "Antonio Casares, pioneiro da luz". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  51. "1853, año del hambre en Galicia". cuadernosdedomingofontan.com. Consultado o 2023. 
  52. "1853: o ano da fame". falamedesansadurnino.org. Consultado o 2023. 
  53. 53,0 53,1 Mirás Araujo, Jesús; Martínez López, Alberte. "La Transición Energética en las Ciudades de Galicia. Del Gas a la Electricidad, 1850-1936" (PDF). ub.edu. Universidade da Coruña e Universidade de Barcelona. Consultado o 2023. 
  54. García Mañá, Luís Manuel (2005). Couto Mixto. Unha república esquecida. Edicións Xerais. ISBN 978-8497823258. 
  55. "El Cable Ingés, Cuando todas las noticias del mundo pasaban por Galicia". elespanol.com. Consultado o 2023. 
  56. "Cronología Básica del Ferrocarril Español de Vía Ancha" (PDF). docutren.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013. Consultado o 2013. 
  57. "Derecho foral". wolterskluwer.es. 
  58. 58,0 58,1 58,2 "Un deseo llamado tranvía". elcorreogallego.es. Consultado o 2023. 
  59. "Puente Internacional de Tuy". puentemania.com. Consultado o 2023. 
  60. "Galicia perdeu desde 1900 a metade do seu peso en España por poboación". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  61. "El pionero de la aviación que tumbó un gobierno". elmundo.es. Consultado o 2023. 
  62. "Observatorio Astronómico". turismo.lalin.gal. Consultado o 2023. 
  63. "Mañá cúmprese un século do comenzo das obras do tren Ferrol Betanzos inaugurado en 1913". galego.lavozdegalicia.es. Consultado o 2024. 
  64. "Gallego pionero en vuelo invertido". elcorreogallego.es. Consultado o 2023. 
  65. "Pontevedra, cuna de Colón (enrique barreiro, 1927)" (PDF). culturaydeporte.gob.es. Consultado o 2023. 
  66. "Nacional VI, a estrada de Vigo". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  67. "El aeropuerto de Peinador". vigoe.es. Consultado o 2023. 
  68. 68,0 68,1 68,2 68,3 "Unha mostra do CESGA amosa a evolución da informática a través de ordenadores galegos". culturagalega.org. Consultado o 2023. 
  69. "Vigo, verán de 1936". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  70. "As Conchas, luces y sombras del primer gran embalse de Galicia y de FENOSA". vialethes.es. Consultado o 2023. 
  71. "Derecho foral". laley.es. Consultado o 2023. 
  72. "Accidente aéreo Montrove". coruna.gal. Consultado o 2023. 
  73. "Real Decreto-lei 7/1978". boe.es. Arquivado dende o orixinal o 2012. Consultado o 2012. 
  74. "Real Decreto 474/1978". boe.es. Arquivado dende o orixinal o 2012. Consultado o 2012. 
  75. "El día que se abrió Rande". farodevigo.es. Consultado o 2023. 
  76. "Cuando uno de cada ocho españoles era gallego: crónica de una despoblación". elespanol.com. Consultado o 2023. 
  77. "O ano que visitou Galicia o ciclón ‘Hortensia’". gciencia.com. Consultado o 2023. 
  78. "Benvida á TVG". crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 2010. Consultado o 2010. 
  79. "Garzón, 30 años después de la “operación Nécora”: “Todo estuvo a punto de irse al traste cinco horas antes”". larazon.es. Consultado o 2023. 
  80. "Aegean Sea, 30 anos despois: breves consideracións legais". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  81. "Desciende la población en Galicia". datosmacro.expansion.com. Consultado o 2023. 
  82. "Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo". elcorreogallego.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2018. Consultado o 2018. 
  83. "El AVE llega a la "porta de Galicia" con el rey Felipe VI y el presidente del Gobierno tras décadas de obras". galiciapress.es (en castelán). Consultado o 2022.